Nesta semana estamos a buzonear nos bairros e parroquias de Compostela 5.000 exemplares do nº 2 do xornal O Povo. Crítica da política municipal marcada pola lacra da corrupción institucional, iniciativas de auto-organización popular, defensa do pequeno comercio frente á aterraxe das grandes áreas, o conflito da Donuts, etc. configuran o resultado final do noso traballo para facilitar información local en formato papel e desde posicións de compromiso cos intereses veciñais e coa nación. Animámosvos a descargalo e a facernos chegar as vosas suxestións para seguirmos mellorando esta ferramenta colectiva.
Celebramos neste mes o 157º aniversario do Banquete de Conxo
O pasado día 2 de marzo, de 1856, no daquela concello de Conxo, obreiros artesanos e estudantes celebraban un xantar de confraternidade organizado por Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. O evento contou con comensais como Rodríguez Seoane, Camino, Manuel Murguía e Rosalía de Castro, todos mozos e mozas que facían parte do Liceo da Mocidade Compostelana. Seguir lendo
Juan de la Fuente “amañou” facturas falsas para que asociacións de veciños amigas xustificasen subsidios
Suma e segue. Xa non se trata só de que a Operación Pokémon incendie Raxoi, senón que, despois de casos como o das obras na Virxe Branca, que se iniciaron sen asinar o contrato coa empresa, agora novas corruptelas saltan aos medios informativos. A última é que Juan de la Fuente, concelleiro de Obras ata hai pouco, e agora subordinado à superconcelleira María Pardo, falsificou facturas para xustificar subsidios municipais a asociacións veciñais amigas. Seguir lendo
Concello pretende cubrir cun manto de impunidade a agresión da Policía Municipal ao veciño Roi Vázquez
Raxoi respondeu da maneira prevista. Despois de que a Candidatura do Povo denunciase publicamente a agresión policial ao veciño Roi Vázquez, conseguindo unha importante repercusión mediática do caso, e o grupo municipal nacionalista presentase a través do edil Rubén Cela unha pregunta solicitando explicacións á Concellaría de Seguranza Cidadá, esta respondeu declarando que “non se ten previsto investigar a actuación da Policía Local por ningún motivo”. Seguir lendo
Candidatura do Povo esixe a disolución inmediata da corporación municipal ante a última vaga de detencións e rexistos
Despois dos acontecementos ocorridos nesta mañán, coa detención por axentes do Servicio de Vigilancia Aduanera (SVA) do concelleiro de Mobilidade Albino Vázquez Aldrey, o ex Xefe do Gabinete Municipal Ángel Espadas, o xerente da empresa concesionaria do servizo municipal de augas Aquagest José Luís Míguez e o empresario e socio de Ángel Espadas en diversos negocios Jesús Fuentes, dentro dunha nova fase da Operación Pokémon, a Candidatura do Povo quer facer públicas as seguintes reivindicacións de urxencia: Seguir lendo
O Concello vai tapiar a dársena de Xoán XXIII para evitar que alí pernocte xente sen casa
A crise capitalista pon á vista moitas contradicións antes invisíbeis para moitas e moitos. Recibimos de fonte fiábel a información de que Raxoi pretende tapiar parte da dársena de Xoán XXIII. O obxectivo da obra é impedir que decenas de persoas sen casa se refuxien ali cada noite, como acontece desde hai anos, para pernoctaren e resguardárense do frío. Ao tempo, chéganos a sospeitosa nova de que o Goberno español suspendeu as investigacións fiscais sobre as narcofortunas na comarca do Salnés. Seguir lendo
Entrevistamos Dario Senhoráns, veciño e militante da CNT detido por participar na Folga Xeral do 14-N
Dario Senhoráns saltou nesta semana aos titulares da prensa masiva con motivo da súa detención pola Policía española. Natural de Ribeira, con 21 anos e estudante de Medicina, milita no Sindicato de Oficios Varios da Confederación Nacional do Traballo (CNT) en Compostela e participa na Asemblea Popular Aberta de Indignados do Barbanza e na de estudantes da USC. Entrevistámolo para o noso portal tras a súa detención. Seguir lendo