Hoxe coñecemos a noticia da morte de Rosa Bassave, militante anarquista, feminista, traballadora da empresa USC, loitadora incansábel e irredutíbel e compañeira de mil batallas. Perdemos a unha das imprescindíbeis. Neste momento de dor, os homes e mulleres da Candidatura do Povo queremos expresar o noso recoñecemento á traxectoria de compromiso de Rosa, sempre ao pé do cañón, e transmitir un forte e cariñoso abrazo a Alberte, a Brais, a Gael e a Iris.
Temos a certeza de que, como sempre foi, alá onde te encontres a partir de agora seguro que xa haberá organizado un grupo de traballadores e traballadoras para argallar unha resistencia, organizar unha folga, denunciar @s “sindicalistas” corrupt@s ou preparar a contraofensiva contra os propietarios do Capital. Na nosa memoria fica o teu espíritu indomábel de loita e resistencia, Rosa. Que o vento te acompañe.
PD: referencia á Rosa Bassave em Wikipedia.
e unha grande perda pra esta a nosa terra,ela merece o nome dunha grande praza e nom os bispos , papas e ladrons que si as tenhen e contra quen sempre tiberon de frente a Rosa.
agora voa em liberdade,companheira,nom te esqueceremos.