Currás inaugura nas Cancelas un falso túnel por valor de catro millóns anunciando que é a “antesala” do novo Carrefour

Ao igual que CR-11, Currás non esgota a capacidade de asombrar á veciñanza coas súas declaracións. Hoxe, acompañado da maioría dos edis de confianza do seu grupo municipal, inaugurou o falso túnel que acede á área comercial que Carrefour Property España e Realia constrúen nas Cancelas. Esquecendo que é un cargo público e evidenciando a finalidade real da infraestrutura, o alcalde anunciou que o falso túnel era a “antesala” para dar servizo a “outro gran proxecto para Santiago” como é, na súa opinión, o novo supercentro comercial. Seguir lendo

Deán da Catedral suxire pronta aparición do Códice Calixtino, pero di que “o problema non é encontrar ao ladrón”

A desaparición do Códice Calixtino do arquivo do museu catedralicio pasará á historia de Galiza como un de tantos acontecementos estrafalarios propios dunhas autoridades políticas e eclesiásticas incompetentes que mentalmente viven fora deste país. Hoxe, sumando capítulos a tan lamentábel serie, o deán de Compostela, José María Díaz, anunciaba, baseándose en fontes policiais, que “hai perspectivas positivas, moi positivas” para a recuperación do documento de mediados do século XII. Seguir lendo

Candidatura do Povo festexará na rúa doce meses de traballo municipal soberanista

Será este domingo. A Candidatura do Povo cumpre un ano de vida se tomamos como referencia a nosa participación nas Eleccións Municipais 2011 nas que rachamos todos os teitos históricos de voto soberanista en Compostela. Doce meses de traballo continuado que evidenciaron a viabilidade de alternativas ao mapa de partidos institucionalistas de Raxoi e a posibilidade de construilas desde posicións soberanistas e de esquerdas. Seguir lendo

Concello prevé cobrar agora pola instalación de mesas informativas nas rúas e prazas públicas

A nova salta hoxe da man do edil de Mobilidade e Seguranza Cidadá Albino Vázquez Aldrey despois de se celebrar a Xunta de Goberno Local: o Concello pretende cobrar pola instalación de mesas informativas nas rúas. A proposta aparece no rascuño da nova ordenanza sobre ocupación e uso da vía pública que “actualiza” a vixente desde 1998. Ángel Currás xa enviou o texto aos grupos municipais e, vista a correlación de forzas en Raxoi, onde o PP ten maioría absoluta co 26% dos votos da veciñanza, é seguro que se aprobará no próximo pleno. Seguir lendo

Rebeca Domínguez disfrázase de “galega” para festexar o Día das Letras

Entrou co pé cambiado na corporación, utilizando o castellano no acto en que o Ángel Currás a presentaba como responsábel municipal de Normalización Lingüística. Agora, Rebeca Domínguez Iglesias, a nº 14 da candidatura de Conde Roa, trata de recuperar posicións e disimular o seu españolismo militante baixo un epidérmico manto de galeguidade. Seguindo a prática de varios membros da equipa de goberno local, que se disfrazan de galegos encanto a ocasión o permite, Domínguez apareceu onte na rúa do Vilar embutida nun traxe folclórico para presentar a actuación da Banda Municipal. Seguir lendo

Celebramos a I Andaina Popular para defender a Devesa do Rei da instalación da nova depuradora

Este domingo celebramos a I Andaina Popular contra a instalación da depuradora na Devesa do Rei. Arquitectura popular como muíños, pombais, canalizacións e curtidorías; paraxes naturais con rápidos, fervenzas e pequenos canóns a 6 km. do casco urbano, constatación do gravísimo estado de degradación en que se encontra o Sar despois de recibir as aguas da cidade e a conciencia de que, de costas á veciñanza, e apoiándose no descoñecemento xeral destes valores ambientais, o Concello participa du brutal tentado ecológico. Seguir lendo

Hoxe, mobilización da veciñanza desde a Alameda

Sobran as razóns. 22.000 veciños e veciñas vivindo na pobreza. Case 10.000 persoas sen traballo. A precariedade laboral crecendo de modo imparábel, tanto como a deterioración das nosas condicións de traballo. De 6000 a 11.000 vivendas vacías cando hai xente que é expulsada do seu domicilio por non poder pagar a hipoteca ao banco. Unha extrema dereita que goberna sacrificando dereitos sociais e laborais conquistados tras décadas de loitas, á vez que nutre aos bancos en crise. Hoxe hai que saír á rúa para afirmar que este sistema non sirve e que esiximos a súa mudanza radical en favor das maioría sociais. Seguir lendo

4000 veciños de Compostela xa viven segundo Cáritas nunha situación de “pobreza extrema”

As cifras tirámolas do balanzo da Área de Emprego de Cáritas Diocesana. Segundo o informe da ONG católica que nengunha institución rebate, 4000 veciños e veciñas de Compostela viven xa nunha situación de pobreza extrema. A calificación refírese á incapacidade para satisfacer necesidades básicas como alimentación, vivenda, roupa, etc. A situación é aínda máis grave, dado que son 22.000 as persoas que viven na pobreza na nosa cidade aínda que esta non se caracterice de “extrema”. Seguir lendo

Nova edila “de Normalización Lingüística” fai a súa primeira comparecencia en castellano

Rebeca Domínguez Iglesias, veciña da Zona Nova, nº 14 da listaxe coa que Conde Roa se presentou ás eleccións municipais de maio de 2011 e militante de Nuevas Generaciones, é a nova concelleira de Normalización Lingüística e Educación despois de que Ángel Currás desdobrase esta concellaría e puxese baixo o seu mando directo a política cultural do Concello. A Srta. Domínguez, a pesar da responsabilidade que detenta, é unha persoa completamente allea ao traballo pola hexemonía social da nosa língua. Seguir lendo

Compostela deixa de ingresar 850.000€ nas arcas locais porque o Concello non esixe á Igrexa o pagamento do IBI

Repetimos con insistencia que a corporación está entregada á Igrexa Católica. Antes co bipartido, participando alcalde e edis en actos relixiosos como presenza institucional. Agora, con máis intensidade, coa extrema dereita fundamentalista, que fai de Raxoi alavanca para promocionar o seu credo relixioso. A última do rosario de xenuflexións ante a curia é o rechazo do Pleno Municipal á iniciativa de Rubén Cela para revisar o Concordato coa Santa Sede e cobrar o IBI á Igrexa ou, no seu caso, pedirlle compensación por este privilexio divino de que as súas propriedades non abonen ao fisco local. Seguir lendo