Candidatura do Povo presentarase ante a veciñanza de Compostela o próximo sábado 9 de abril

Paralelamente aos esforzos organizativos e o establecemento de contactos cos movimentos sociais, sindicais e políticos desenvolvidos nestas semanas, a Candidatura do Povo ten prevista a súa apresentación pública para o próximo sábado 9 de abril. A cita será ás 12:30 na Galería Sargadelos de Compostela e a ela están convidados e convidadas todas as veciñas da nosa cidade.

Pretendemos con este acto público dar a coñecer formalmente a nova proposta, as liñas programáticas e a equipa humana que concorrerá ás Eleccións Municipais do 22 de maio e que, desde presupostos soberanistas, de esquerdas e de interacción cos movementos populares da cidade, quer ofrecer unha alternativa de autoorganización que faga audíbel a voz dos sectores populares tamén dentro da instituición municipal.

Vimos para ficar

A Candidatura do Povo concebe a participación neste proceso eleitoral como punto de partida máis que como punto de chegada. A nosa folla de rota é servir como palanca aos sectores populares críticos cos distintos matices da mesma xestión municipal que concorrerán nestas eleccións. Aspirar a xogar ese rol esixe, por tanto, unha presenza e unha interacción permanentes co tecido asociativo local.

É desde esta óptica que a Candidatura do Povo se postula como unha proposta de continuidade, que “veu para ficar”, como afirmamos na nosa declaración Temos Principios publicada o pasado 14 de marzo.

One thought on “Candidatura do Povo presentarase ante a veciñanza de Compostela o próximo sábado 9 de abril

  1. Como Militante do PCPG da Coruña, quero enviarvos todo o animo do mundo, facian faia mais iniciativas como a vosa. Iniciativas de unidade, de aglomeracion de forzas en defensa do dereitos do Povo traballador, saian os resultados que saian coa presentacion da candidatura xa estades gañando a primeira batalla.

    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s