EXPLICACIÓN DO LOGOTIPO “CANDIDATURA do POVO”

Esta imaxe non envía unha mensaxe clara e unívoca, senón que presenta polisemia e variedade de significados. Por iso, a simplificación das formas execútase seguindo unha premisa fundamental: a relación visual inequívoca co colectivo que representa. Un logotipo que visto desde a distancia sexa identificado inmediatamente coa Candidatura do Povo.

O uso do negro sobre branco enfatiza a vontade do compromiso, do pacto e do contrato social. Este marco de relación determínase no trazo cuadrado que envolve a imaxe central. Unha caixa contedora, unha xanela aberta á realidade, unha urna onde depositar a vontade popular.

A imaxe central é dinámica, coma o povo. Cunha base ampla e asentada nos seus principios pero tamén activa e con ideas imaxinativas e criativas para dirimir o futuro. Unha maré de vontades, un povo en movemento coas bandeiras ao ar a modo de velas de naos senlleiras. As figuras circulares fundamentan esa imaxe do colectivo humano, mostrando o respecto á diversidade como unha das claves referenciais da Candidatura do Povo.

E no conxunto da imaxe:

1- Unha paisaxe natural. Defensa do contorno, ecoloxismo e soberanismo. Valor imprescindibel que a Candidatura do Povo defende e proclama.

2- Un contedor de materia efervescente, vivo e non estático. Como a praxe da Candidatura do Povo que catalizará as vontades das veciñas e veciños de Compostel

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s