Sábado 30 de abril. Presentación da lista e do programa municipal no Museo do Povo Galego

Este sábado ás 12:30 h. terá lugar a presentación de candidatos e candidatas da CANDIDATURA do POVO nas portas do Museo do Povo Galego. Este acto servirá para dar a coñecer aos veciños e veciñas de Compostela a composición da lista coa que concurrimos ás eleccións de 22-M. Tamén será presentado o programa municipal co que concorremos que consta fundamentalmente de 5 bloques temáticos: urbanismo, vivenda e medio; economía e xustiza social; cultura, patrimonio e memoria histórica; participación veciñal e o traballo na construcción nacional. O programa municipal é froito do compromiso de decenas de persoas comprometidas na nosa cidade cos movementos asociativos, culturais, dos movimentos sociais, sindicais e políticos. Con este acto a CANDIDATURA do POVO xa está preparada para saír a dar a batalla política e social para lograr que no 22-M o concello de Compostela conte con unha alternativa nacionalista e de esquerdas que lle plante cara a dereita españolista, ao PSOE e poder ofrecer unha alternativa política a esa inmensa cantidade da cidadanía compostelá e de muitos e muitas nacionalistas absolutamente desencantados coa acción municipal do BNG.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s