“Compostela necesita unha alternativa soberanista e de esquerdas con presenza en Raxoi”

A Candidatura do Povo escolleu o barrio de San Pedro, que celebraba a Festa da Primavera, para a presentación pública da lista popular conformada por veciñas e veciños de Compostela. A formación que concorre por vez primeira ás Eleccións Municipais definiuse no acto coma “xente de esquerdas, ligada ao movemento veciñal, sindical, xuvenil, de defensa da terra, feminista, soberanista e a prol da hexemonía social do galego”.

O candidato á alcaldía Ricardo Picáns explicou os cinco eixos do Programa Municipal Compostela 2011: urbanismo, vivenda e medio; economía e xustiza social; cultura, patrimonio e memoria histórica; participación veciñal; e traballo na construcción nacional de Galiza. Picáns destacou a cantidade de candidaturas sobernaistas que se presentan ao longo do país e situou a Candidatura compostelá “dentro desta necesaria iniciativa do soberanismo galego a nivel municipal”. O candidato, veciño do barrio de Sar e que se criou no barrio de Conxo, defendeu a CdP coma unha “alternativa ao modelo de cidade que construén PSOE, BNG e PP” e apostou por un desenvolvemento sustentable considerando que o “urbanismo non debe ser un negocio para o goberno local” e que Compostela “non pode ser un parque temático cunha economía local exclusivamente dependente do turismo, co tipo de emprego estacional e precario que caracteriza ese sector”. Ricardo Picáns denunciou que “a institución local no pode lavarse as mans cando o 22% da veciñanza vive na pobreza e o desemprego e a emigración disparase coa crise capitalista”.

Despois da intervención do cabeza de lista dez dos veciños e veciñas candidatas presentes no acto, explicaron os dez principios da CdP. Jose Expósito Alcocer, o veciño coñecido como “Expo”, abriu a rolda de intervencións apuntando que a formación nace dunha poboación farta do “cambalache institucional, o entreguismo dos partidos aos intereses de promotores, construtores e imobiliarias e a ausencia de democracia e participación”. Expósito sinalou que esta lista son “mulleres e homes da rúa, que viven do seu traballo” era matizou “ben, os que aínda teñen traballo!”. As veciñas Patricia Janeiro, Mercedes Porto, María Pilar Rico e os veciños Juan Vigo, Jose Silva, Fernando Alfaya, Mario Fernández, Juan Daniel García e Xurxo “Herbas” presentaron os outros nove principios da formación, que anunciaron explicaran a través dun vídeo que se publicará nos próximos días.

A Candidatura celebrará durante a campaña actos nas parroquias e nos barrios para “seguir incorporando reivindicacións veciñais” e “incidir na necesidade de dotar as clases populares da cidade e do rural compostelán dunha alternativa soberanista e de esquerdas con presenza en Raxoi”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s