Primeira pegada de cartaces na praza 8 de marzo

O próximo venres 6 de Maio comeza en Galiza a campaña para as Eleccións Municipais do 22 de maio. A Candidatura do Povo é consciente de se trata dunha oportunidade única para que persoas como Ricardo Picáns, que representan os sectores sociais que fan unha defensa intransixente dos intereses veciñais frente aos poderes políticos e económicos, accedan á corporación municipal. Ademáis, a entrada no concello de homes e mulleres da Candidatura do Povo suporia un sopro de ar fresco frente ao continuismo do bipartito PSOE-BNG e a involución que representa a extrema dereita religiosa personificada en Conde Roa e o PP.

A Candidatura do Povo vai facer nestes 15 días un importante esforzo colectivo para transmitir á veciñanza de Compostela que sí hai alternativas e que sí paga a pena apoialas. Ese esforzo colectivo comenzará coa primeira pegada de cartaces convocada para as 00:00 horas do próximo venres 6 na Praza 8 de Marzo (barrio de San Pedro coa Porta do Camiño).

Gostaríamos de contar coa túa presenza alí para arroupar a alternativa que hoxe representa en Compostela a Candidatura do Povo e para comenzar con forza e ilusión estes intensos 15 días de traballo que nos esperan. Esperamos contar contigo na Praza 8 de Marzo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s