A Candidatura do Povo reunirase nestas semanas coa veciñanza dos barrios e parroquias de Compostela

Coa colada simbólica de cartaces que reuniu esta noite unhas 30 persoas na Praza 8 de Marzo, iniciamos a campaña eleitoral da Candidatura do Povo. Nestes 15 dias, o noso traballo centrarase en transmitir á veciñanza unha idea básica: existe unha alternativa ao bipartito PSOE-BNG e á extrema dereita fundamentalista que representa o nº 1 do PP Conde Roa. E esa alternativa constrúese desde abaixo, desde a esquerda e desde o soberanismo.

Plantexámonos pois un traballo intenso de socialización que visibilice a Candidatura do Povo ante a veciñanza. E para logralo fixamos unha programación de reunións nos principais bairros populares e parroquias perseguindo un dobre obxectivo: por unha parte, presentar a nosa proposta e o noso programa municipal e por rostros ao noso proxecto. Por outra, recabar as reivindicacións e necesidades dos veciños e veciñas para perfilarmos as demandas a defender pola Candidatura do Povo.

Programación de actos
en bairros e parroquias

A Candidatura do Povo vai facer así un esforzo significativo para neutralizar nalgunha medida a proibición que a normativa legal vigente impón á nosa presenza nos medios de comunicación públicos e os espazos minimalistas concedidos na rúa pola Xunta Eleitoral de Zona. Así, esta mañá concretabamos neste organismo a solicitude de varios centros socioculturais municipais para mantermos reunións abertas coa veciñanza dos distintos bairros e parroquias. A programación de reunións que resulta finalmente é a que segue:

Sábado 7
Centro Sociocultural de Campo do Monte-Lamascal. Lugar de Lamascal, 16. 12:30 h.
Centro Sociocultural de Sar. Rua Ponte de Sar, 4. 12:30 h.

Domingo 8
Centro Sociocultural Nova Xeira-Figueiras. Rua do Vencello, 37. 12:30 h.
Centro Sociocultural Monte Longo-Grixoa. Lugar da Igrexa, 2. 12:30 h.

Luns 9 Segunda-feira
Centro Sociocultural do Castiñeiriño. Rúa Virxe de Fátima, 1. 20:00 h.

Martes 10 Terza-feira
Centro Sociocultural de Cesar. Cesar. 20:00 h.

Mércores 11 Cuarta-feira
Centro Sociocultural da Sionlla. Sionlla de Abaixo, 27. 20:00 h.

Xoves 12 Quinta-feira
Centro Sociocultural de Verdía. Lugar da Estación de Verdía, 19. 20:00 h.

Venres 13 Sexta-feira
Centro Sociocultural da Ponte do Romaño. Rúa Torreira, 16. 20:00 h.
Centro Sociocultural das Fontiñas. Rúa Berlín, 13. 20:00 h.

Sábado 14
Centro EIP Mestre Rodríguez Xixirei. Lugar de Esquipa, 22. Sabugueira. 12:30 h.

Domingo 15
Centro Sociocultural de Conxo. Praza de Aurelio Aguirre, 1. Compostela. 12:30 h.

Luns 16 Segunda-feira
Centro Sociocultural A Unión de Vilestro. Lugar de Quintáns–Vilestro. Rúa do Nabal, 69. 20:00 h.

Martes 17 Terza-feira
Centro Sociocultural A Xunlla-Laraño. Lugar de Reibó, 4. 20:00h

Mércores 18 Cuarta-feira
Centro Sociocultural Domingo Cepeda–O Eixo. Lugar de Bornais, 15. 20:00h

Xoves 19 Quinta-feira
Centro Sociocultural de Vite. Rua Carlos Maside, 7. 20:00 h

Venres 20 Sexta-feira
Centro EIP López Ferreiro. Avenida de Xoán XXIII, 6. 21:00 h.

4 thoughts on “A Candidatura do Povo reunirase nestas semanas coa veciñanza dos barrios e parroquias de Compostela

  1. Vexo difícil que a Candidatura do Povo saque representación en Raxoi aínda que hai bastante nacionalista que non quere saber nada da lista do BNG. Vanvos acalar por todos os medios como estades a denunciar.

    O que pasa é que entre ese suposto 6% do censo que é “radical” e o descontento no BNG pola esquerda igual podedes deixar coa boca aberta a máis dun.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s