Publicamos ‘Programa Municipal Compostela 2011’: a proposta da Candidatura do Povo á veciñanza

O Programa Municipal Compostela 2011 é fruto do traballo de decenas de persoas, organizacións e colectivos que nestes meses achegaron os seus respectivos graos de area para confeccionaren entre todas e todos unha completa proposta alternativa de cidade construida sobre cinco eixos programáticos: Urbanismo, vivenda e medio; Economía e xustiza social; Cultura, patrimonio e memoria histórica; Participación veciñal e, por último, Construción nacional.

Conxuntando propostas aplicábeis neste marco xurídico-político con outras que esixen a súa superación, o programa delimita as liñas mestras dun modelo alternativo de cidade definido por políticas urbanísticas centradas na verificación do dereito á vivenda para tod@s, a protección e aproveitamento social do noso medio natural, a potenciación da economía produtiva e os servizos sociais frente á terciarización económica e a privatización dos servizos municipais, a participación real da cidadanía e a utilización dos resortes institucionais para a defensa e a construción do noso país.

Achegas e suxestións

Disponibilizamos hoxe este Programa Municipal Compostela 2011 en formato pdf na barra superior da páxina principal, ou no link inferior, para coñecemento da veciñanza e como proposta e cartón de presentación da Candidatura do Povo ante as cidadás e os cidadáns de Compostela. Aguardamos enriquecelo axiña con as achegas e suxestións de tod@s vós e que sexa, tamén, unha referencia alternativa de outro modelo de cidade a construir que consideramos hoxe necesita a maioría social dos compostelanos e compostelanas.

Programa Municipal Compostela 2011  https://candidaturadopovo.files.wordpress.com/2011/05/programamunicipal201128ilg29.pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s