Enquisa do CIS evidencia amplo descontento coa xestión municipal e existencia de 6% da veciñanza que se define como “moi de esquerdas”

O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) divulgou recentemente unha enquisa titulada Preelectoral Elecciones Municipales 2011 referida a Compostela. O trabalho realizouse entre Marzo e Abril e versa sobre a valoración que unha mostra de 500 veciñas e veciños da capital galega fan da situación actual da cidade, a xestión municipal nestes catro anos e as afinidades políticas que manteñen con distintas formacións políticas que hoxe teñen presenza institucional.

De darmos os dados como válidos, estes deitarían luz sobre dous feitos importantes. Primeiro, que existe un estendido descontento ou posicionamento crítico da cidadanía cara a xestión municipal do bipartito PSOE-BNG. Segundo, que unha fracción significativa de votantes do BNG nas Municipais 2007 está insatisfeita coa política local desta formación. Ambos dados, e outros que debullaremos aquí, indican a existencia dun segmento social que pode sustentar unha proposta municipal de esquerda e soberanista como a que representa a Candidatura do Povo.

Unha estendida crítica
da xestión do bipartito

A crítica da xestión municipal do bipartito PSOE-BNG alcanza segundo a enquisa do organismo estatal percentaxes significativas na veciñanza local: 51.4%% califícaa de “regular” encanto 18.6% asegura que é “mala” ou “moi mala”. É chamativo comprobar que nesta última categoría –os que definen a xestión municipal como “mala” ou “moi mala”- se sitúa 24.4% das persoas que aseguraron ter votado no BNG no 2007. Só 13.3% dest@s votantes identifica a actual xestión municipal como “boa” ou “moi boa”.

Forte crítica ao BNG
na sua base eleitoral

O descontentamento co BNG por parte das persoas que dixeron votar nesta formación no 2007 é amplo. Aquí, as cifras do CIS son elocuentes: 24.4% valoran a xestión municipal do bipartito local como “mala” ou “moi mala”. Só 22.2% desexarían que Rubén Cela fose alcalde de Compostela, mentres 35.6%  “non sabe” ou “non contesta” ao respecto e 8.9% aseguran que votarían no candidato de IU-EU Xavier Ron, suxerindo a posibilidade dun corremento de voto dunha opción política nacional para outra estatal que se define de esquerdas.

A desmotivación das persoas que dixeron ter votado no BNG no 2007 ante as eleccións municipais de 2011 é notável, como indica o feito de que, se estas eleccións se celebrasen “mañán”, só 51.1% afirma que votaría de novo no Bloque Nacionalista Galego. Ademáis, segundo o CIS, d@s votantes do BNG nas eleccións municipais de 2007 apenas 55.6% gostarían de que o BNG gañase as eleccións.

Existe espazo sociopolítico
para a proposta alternativa

A estendida crítica da xestión municipal do PSOE-BNG e o descontento que existe en sectores importantes da veciñanza que dixo votar no BNG no 2007 concorren con outros factores que alentan a tese de que na capital do país existe base sociopolítica real e potencial suficiente para unha proposta nacionalista de defensa dos intereses veciñais como a que representa a Candidatura do Povo.

Así, por exemplo, a enquisa do CIS asegura que 6% das compostelanas e compostelanos se autositúa na esquerda ruturista. Aplicando tal autodefinición á participación eleitoral no 2007 concluiríamos que 2893 veciños e veciñas se posicionan no límite esquerdo do abano político. Seguindo esta premisa, a presenza deste eleitorado radical seria notoria entre os e as votantes no BNG -1747 (22.2%) se autodefinen neste sentido- e conformaría o groso das persoas que, desde a esquerda local, son críticas coa política municipal da formación galega.

Rematar com a
zona reservada

Tamén as altísimas taxas de abstención (43.53%) das Municipais 2007, se se interpretan como distanciamento ou crítica dos partidos actuais, cando menos en parte, sinalan un amplo segmento potencialmente receptivo á proposta sociopolítica comprometida coa defensa dos intereses populares e nacionais que representa a Candidatura do Povo. Nestes días, os homes e mulleres da nosa lista están a dedicar os seus esforzos para que esa forza social e política real e potencial se materialice tamén en presenza institucional, rematando así co carácter de zona reservada que as institucións municipais tiveron ata hoxe para os tres partidos parlamentares.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s