Mais de 4000 veciños de Compostela viven sometidos a situacións de “pobreza severa”

O dado fíxoo público Cáritas Interparroquial o dia 4 en conferencia de prensa: máis de 4000 veciños e veciñas desta cidade viven sometidos a unha situación de pobreza severa que imposibilita a cobertura de necesidades humanas primarias e o seu desenvolvemento como persoas. Á beira da cifra, outra igualmente indignante: 20.000 compostelanos máis encóntranse en risco de “exclusión social”, un eufemismo utilizado desde as institucións para definir as situacións de miseria que derivan do desemprego, a explotación salvaxe e a precariedade laboral xeneralizada.

Encontrámonos portanto con que por volta de 25% das persoas chamadas a votar nas eleccións municipais de 22-M viven nunha situación de extrema pobreza ou estám a ponto de ingresar nela. Unha información de tal calibre debería acender todas as alarmas institucionais e forzar a aplicación de medidas de choque imediatas. Con todo, temos a seguranza de que esta cuestión non terá un relevo destacado nesta campaña eleitoral porque hoxe a opresión socioeconómica extrema sófrese, pero non está organizada nen se manifesta na rúa.

De feito, grazas ás artes do control mediático e a presión policial, as autoridades lograron facer desaparecer da foto urbana e da conciencia de importantes sectores da veciñanza a existencia de semellantes niveis de empobrecemento social. O deseño de Compostela como cidade enfocada para o negocio turístico é un dos factores que están na raiz desta ocultación sistemática da pobreza: o espazo turistificado é incompatíbel tanto coa visibilidade da miseria que xera o sistema socioeconómico actual como coas expresións de conflitividade político-social.

Destino dos fundos públicos

A Candidatura do Povo quere chamar a atención da cidadanía sobre o feito de que, encanto se está a producir unha agresión socioeconómica sistemática á veciñanza local coas dimensións reseñadas, os principais investimentos na nosa cidade se destinen á construción dunha infraestrutura socialmente inútil, como é a Cidade da Cultura, ou os acesos do AVE a Compostela, que serán usufrutuados, principalmente, por sectores sociais estranxeiros e con alto poder adquisitivo.

Unha política local cimentada sobre principios de esquerda debe colocar como prioridade nº 1 da acción municipal a aplicación de medidas de choque contra esta situación que son factíbeis dentro do actual marco xurídico, á vez que denunciar o esbanxamento de fundos públicos en investimentos cuxa rendibilidade social é máis que dubidosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s