A Candidatura do Povo reuniuse coa veciñanza do Castiñeiriño e a Ponte Pedriña

Continuando o programa de reunións coa veciñanza dos bairros e parroquias de Compostela, Ricardo Picáns e Jorge Ramos reuníronse onte coa veciñanza do Castiñeiriño e a Ponte Pedriña para presentaren a Candidatura do Povo e o programa municipal Compostela 2011. O encontro serviu para coñecer de primeira man as principais preocupacións e necesidades da parroquia ligadas aos efeitos sociais e ambientais da política de infraestruturas de transporte e a expansión da cidade cara o sul.

As obras do AVE, as molestias que está a provocar o arranxo da estrada à Estrada dificultando o aceso aos domicilios particulares, as problemáticas derivadas da non adaptación das beirarrúas ás necesidades das persoas con mobilidade reducida e a paralisación das obras no SUP-11 pola quebra da promotora figuran entre as principais problemáticas dunha parroquia convertida en avenida de entrada e saída para Compostela e área de crecemento da cidade.

Como pano de fundo das reivindicacións, a perda de identidade e coesión que sufriu o Castiñeiriño nos últimos anos fruto desta política de infraestruturas baseada no emprego masivo do carro individual e a construçom irracional de vivenda na área sul dunha cidade onde, hoxe, existen por volta de 6000 andares vacíos. Pola súa parte, os candidatos da Candidatura do Povo transmitiron á veciñanza o noso programa eleitoral, os aspectos deste que fan referencia á nosa política para as parroquias e a nosa disposición para mantermos despois do 22-M a vía de comunicación aberta.

Reunións anteriores

Ao longo desta semana e durante a pasada, continuamos celebrando reunións nas parróquias de Figueiras, Grixoa, Fecha, A Barciela, Cesar, Marantes, Enfesta, Nemenzo e O Carballal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s