A Candidatura do Povo expresa a súa solidariedade coa Sala Nasa ante o ataque da extrema dereita

Gerardo Conde Roa, candidato nº 1 da extrema direita à alcaldia da capital de Galiza, ven de estrenarse en campaña cun dos seus leit motivs preferidos: criminalizar o asociacionismo cultural galego e esixir a aplicación contra este de medidas de excepción. Nesta ocasión, é de novo a Sala Nasa o albo dos ataques do ex numerario da secta Opus Dei. Asegura Conde Roa que o espazo cultural compostelano é “unha sala que fixo homenaxes a terroristas” e propón proceder ao seu afogamento económico por parte do Concello.

A acusación deriva da realización na sala de actos da asociación Que volten para a casa!, que reúne familiares e amigos de independentistas galegos presos e dispersados. “Iso ten que rematar e vaise rematar se gobernamos a partir do día 22 de Maio”, declara o candidato extremista nun almorzo informativo en que foi presentado por Alberto Núñez Feijoo, actual presidente da administración autonómica. O Sr. Conde anuncia ademáis que, no caso altamente improbábel de a extrema dereita somar os votos necesarios para alcanzar a alcaldía, suspenderá a inxección de diñeiro público nesta iniciativa sociocultural da que desfrutan millares de persoas na nosa cidade.

Hipocrisía e torpeza

Demostrando o seu cinismo, o Sr. Conde aseguraba onte que “se me abren as carnes cando vexo o estado de instituicións que atenden a persoas que están a sofrer necesidade”, pero o candidato non relaciona esta situación co sistema socioeconómico do que é extremo valedor, senón coa política de subvencións municipais ás entidades culturais que, segundo suxire, serían as responsábeis de que por volta de 25.000 veciños e veciñas  de Compostela -25% do censo municipal- vivan hoxe na miseria.

Resúltanos paradoxal que este empresario ligado a un partido que aínda non foi capaz de condenar o Xenocidio fascista ocorrido no noso país entre 1936 e 1975 e que aposta na plena privatización dos servizos municipais e a precarización laboral, se erixa agora en avogado de causas sociais e liberdades. Certamente, semelhante enredo torpe nom coará na veciñanza e delata o perfil autoritario do seu autor. Máis aínda cando sabemos que o Sr. Conde ten no punto de mira outras iniciativas socioculturais como A Gentalha do Pichel, para a que tamén programa a pasaxe da política de boicot institucional e multas á da agresión directa.

A Candidatura do Povo
solidarízase coa Sala Nasa

Desde a Candidatura do Povo queremos expresar a nosa solidariedade coa Sala Nasa, o noso respeito para o trabalho cultural que desenvolve na cidade desde 1992 e a nosa disposición absoluta para apoiar calquera iniciativa que impeda aos sectores ultraautoritarios da cidade aplicar as súas medidas contra o asociacionismo cultural local.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s