A Candidatura do Povo celebra asemblea aberta para abordar a fase final da campaña electoral

Hoxe entramos na recta final para as Eleccións Municipais 2011. A Candidatura do Povo, despois de semanas de intenso traballo de socialización da nosa proposta e contacto coa veciñanza de bairros e parroquias de Compostela, convoca unha nova asemblea aberta para planificar o sprint final que rematará coa festa a celebrar a próxima sexta-feira na praza do Cruceiro de San Pedro. Nesta última fase da campaña a Candidatura do Povo convida a participar activamente a todas as persoas que se identifican coa alternativa soberanista e de esquerdas que representamos para Compostela.

Celebraremos esta asemblea aberta de planificación a segunda-feira 16 de Maio a partir das 20:30 h. no pub Avante situado no Cantón de San Bieito. Chamamos a participar nesta reunión todas as veciñas e veciños que nestas semanas colaboraron coa Candidatura do Povo, así como a aquelas persoas que queren participar neste empurrón final para conseguir que unha voz veciñal, sen ataduras aos poderes económicos, soberanista e de esquerdas estexa presente en Raxoi a partir do 22-M.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s