A Candidatura do Povo aposta nunha defensa e promoción reais e profundas do noso medio rural

O Programa Municipal Compostela 2011 co que esta candidatura veciñal concorre ás Eleccións Municipais do 22-M ten como un dos seus eixos a defensa e promoción do rural compostelano frente ao esquecemento institucional e a crise demográfica e económica ás que está sometido. Nestes días de facer kilómetros polas parroquias e contactar co mellor do seu tecido asociativo veciñal confirmamos aínda máis a correción das propostas que facemos e a receptividade que estas alcanzaron dada a súa irrefutábel lóxica social e ambiental.

O rural de Compostela é viábel nun esquema de diversificación económica dos sectores produtivos locais, que fuxa da hipertrofia do sector servizos –nomeadamente, o turístico- á que as distintas administracións e partidos políticos someteron a cidade e que resgate a capacidade produtiva local como síntoma inequívoco de riqueza colectiva. Así, desde a Candidatura do Povo propomos medidas efectivábeis desde a administración municipal que supoñan unha revalorización do noso rural e xeren riqueza e recursos para a veciñanza, á vez que alimentos de calidade para a cidade, rachando a lóxica perversa da súa produción industrial e das grandes superficies comerciais.

O punto 1. 1. 7. do noso programa municipal foi contrastado nestas semanas con decenas de veciños e veciñas do rural de Compostela, demostrando a validez das propostas que contén e a súa aplicabilidade só con dúas condicións: a existencia de vontade política de avanzar nesta dirección sen ataduras e a aposta nunha cidade que diversifique a súa economía local e procure a soberanía alimentar. Recollemos aquí as alternativas para o rural transversalmente presentes no noso programa municipal:

1.1.7. Defensa do tecido rural

A  defensa do rural de Compostela é irredutíbel á cuestión urbanística e integra múltiplos aspectos relativos á xestión do territorio, os recursos, as actividades económicas, os modos de vida, etc. Da Candidatura do Povo propomos como medidas guia da nosa intervención as que aparecen a continuación:

• Defensa do rural compostelano como parte esencial do noso termo municipal, paralisando os trazados que lle afecten ou agredan e criando medidas que muden a degradación progresiva que padece. Defendemos que a construción de  infraestruturas  ás  parroquias se  debe analisar e estudar coa participación directa da comunidade e os sectores sociais e culturais do territorio. Para favorecer a continuidade nos usos tradicionais deste é imprescindíbel facilitar  ás fillas e fillos de quen o habitan a posibilidade de construiren a vivenda neste tecido, como unha fórmula de singularidade que faria falta incluir nas leis correspondentes.

• Compromiso municipal na defensa e promoción da soberania alimentar tendendo a un modelo agroalimentar  en que @s labreg@s de Compostela, como produtor@s de alimentos sans e de calidade, abastezan a poboación local.

• Extensión do  Proxecto Micélio  de produción florestal e de cogumelos  ás  parroquias de Figueiras, San Xoán e Santa Cristina de Fecha, Verdia e Cesar, de modo que se incida nun aproveitamento múltiplo do monte respeitando os valores ecolóxicos e paisaxísticos e contribuindo a fortalecer a nosa identidade colectiva.

• Aplicación de medidas para garantir a existencia de terra agraria protexida e suficiente nos planexamentos urbanísticos.

• Defensa e promoción dos mercados locais e de proximidade como a Praza de Abastos, o Lusco e Fusco e o mercado do Ensanche.

• Defensa e promoción da venda directa e dos canais curtos de proximidade.

• Apoio activo á incorporación de moz@s á actividade agraria.

• Revalorizar a produción de alimentos como actividade estratéxica do noso termo municipal.

• Derogación da Lei de Aguas de Galiza que privatiza un ben básico da veciñanza. Resistencia municipal a todo intento de privatización da agua e progresiva municipalización da xestión, que actualmente é privada.

• Declaración de Compostela como municipio libre de transxénicos e promoción de medidas a prol da recuperación e posta en valor das nosas sementes locais.

• Dotar de maior protagonismo na vida municipal ás parroquias apostando na súa revitalización e posta  en valor  a través da construción de  infraestruturas básicas, a criación de servizos de proximidade tanto para as explotacións agrárias como para a veciñanza en xeral e o fomento do tecido asociativo que sustenta a dinámica parroquial.

• Oposición á modificación da Lei do Solo que permite ao municipio proxectar áreas industriais en terras de protección agropecuaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s