A Candidatura do Povo esixe maior investimento municipal para a xente maior

A pirámide demográfica de Compostela conta con 17.212 persoas que superaron os 65 anos de idade sobre un censo municipal de 94.824 veciños e veciñas no 2010. A presenza das mulleres é amplamente maioritaria neste segmento da veciñanza no que os problemas de “exclusión social” –infravivenda, pensións insuficientes, mobilidade, necesidades sociosanitarias insatisfeitas, etc.- impactan con especial gravidade. As deficiencias das políticas municipais neste sentido foron apuntadas en distintas ocasións polas traballadoras e traballadores sociais do Concello.

Desde a Candidatura do Povo consideramos que a política municipal en todo o que fai referencia á dependencia e as necesidades sociosanitarias d@s noss@s maiores precisa dun maior investimento e unha posición de esixencia por parte das autoridades locais ante a Xunta de Galiza, que é quen xestiona boa parte destes servizos e necesidades. Isto, xunto a unha política respeituosa de coñecemento e resolución das necesidades das persoas maiores que viven soas, son algunhas das vías que poden derivar nunha mellora da situación.

Alén disto, o noso programa municipal fai as seguintes propostas executábeis desde a instituición local:

• Comprender o que implica a situación da dependencia é un reto esencial en termos de xustiza social. A urbanización e mercantilización da nosa sociedade fixo que as atencións e cuidados relativos  á dependencia se mercantilizasen progresivamente ou fixesen recair nas famílias  –especialmente, nas mulleres, dando por suposto que a cidadania só está constituida por famílias. A dependencia tamén é responsabilidade do Estado se entendemos que a cidadania está formada por indivíduos.

• Reclamación da transferencia de competencias ao municipio en materia de políticas para a xente maior. Compostela está desbordada a nivel de axuda social neste aspecto.

• Incremento dos servizos de asistencia a este colectivo de  persoas que  con frecuencia  son as que padecen grandes problemas de axuda social. O índice de doenzas, perda de faculdades mentais ou físicas, redución drástica dos recursos económicos, perda de compañeir@s de vida, abandono, etc. fan da  xente maior  un colectivo sensíbel e precisado de axuda social.  Con frecuencia, ante a incapacidade da propria atención ou da colaboración familiar recúrrese  ás residencias de terceira idade.

• Adaptación urbanística ás necesidades de deslocamento da xente maior.

• O Concello reclamará ante a Xunta de Galiza un aumento de prazas nas residencias públicas actualmente desbordadas.

• Medidas contra o abandono da xente maior sendo  conscientes de que é  unha realidade dramática para persoas que chegan a vivir en condicións de miseria. P. ex., a través de persoas que asistan e acompañen a@s maiores que requiran o servizo e traballadores familiares para colaborar e solucionar necesidades diarias.

• Sustituir as colaboracións económicas por servizos directos, p. ex., médic@s, asistencia domiciliaria, enfermeir@s e praticantes e ofertar directamente este servizo  sen recorrer a servizos privados de maior custo.

• Accións de revalorización e promoción da vellez como fonte de sabedoria, experiencia e coñecemento histórico.

• Promoción de políticas de dignificación e apoio social á xente maior que debe aplicar o sector público e se poden apoiar na experiencia de outros axentes de dinamización social que traballan neste campo. A complementariedade non pode implicar subsidiariedade no servizo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s