Defendemos a aplicación de cinco políticas contra a explotación laboral na nosa cidade

O marco xurídico-político actual dota ás administracións municipais de escasa marxe de manobra en materia de dereitos sociais e laborais. Sen embargo, as limitacións antidemocráticas do marco non poden ser escusa perfeita para que o Concello de Compostela se lave as mans nas cuestións relativas ás condicións de traballo da veciñanza ou opte por unha imposíbel neutralidade cando, como está a acontecer, os ataques do Capital contra o Traballo se producen cada vez con máis forza.

A Candidatura do Povo, como única alternativa de esquerdas e soberanista que concorre nas Eleccións Municipais 2011, fala con voz de parte nesta confrontación entre Capital e Traballo e sitúase á beira dos e das que defenden os direitos sociais e económicos da maioría social e contra as políticas de recurtes e pauperización da sociedade que, en Compostela, lograron que 4000 persoas vivan na “pobreza severa” e por volta de 20.000 estexan socialmente excluidas e pauperizadas.

O Programa Municipal Compostela 2011 que publicamos completo nesta páxina propón á veciñanza no seu punto 2. 1. 4. cinco políticas concretas en defensa da estabilidade laboral dos traballadores e traballadoras e dos dereitos socioeconómicos. Tamén nesta cuestión, como na defensa do noso medio rural ou nas políticas de xénero, a Candidatura do Povo aplicará políticas transversais presentes en todas as nosas liñas de intervención. Así, neste eido, a lista veciñal soberanista traballará para

• Liquidar a temporalidade na contratación da administración local, respectar os  dereitos sociolaborais como a revisión salarial e o  dereito á promoción, activar mecanismos de discriminación positiva para as traballadoras, ampliar a acción social a que ten dereito o persoal municipal, etc.

• Esixir o compromiso  cos dereitos dos traballadores e traballadoras  ás empresas  ás que se subcontraten servizos que  non poda efectuar o Concello e  ás empresas  ás que se oferecen concesións ou concursos, esixindo como primeira condición a cumprir para se  presentar ao concurso ou licitación a asinatura do anterior compromiso.

• Criación dunha carteira de traballo para moz@s que desde perspectivas sociais e sen ánimo de lucro poña en contacto xovens con empresas que procuran persoal, evitando a participación de intermediarios (ETT) que extraen comisións do normalmente escaso salario xuvenil. O Concello traballará para erradicar as ETTs de Compostela.

• Aumentar a oferta e calidade das ferramentas de asesoramento laboral aos e ás xovens e facer unha difusión  real.

• Fiscalizar o dereito a participar en eleccións sindicais, dado que hoxe, se ben existe na teoria, é vulnerado sistematicamente na prática, imposibilitando que  xovens  con contratos temporais participen e defendan os seus dereitos nas empresas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s