Propomos á veciñanza dar o paso unilateral á exclusividade dos símbolos nacionais galegos

Compostela somos a capital dun pequeno país e unha das súas principais plataformas de expresión cara o mundo. As institucións e poderes reais nunca esqueceron a importancia deste rol político e simbólico, vendendo no exterior un povo cos seus sinais identitarios convertidos en mercadoría de consumo turístico, cando non negados e ocultados. A Candidatura do Povo, como iniciativa veciñal liberada de perspectivas localistas e sabedora de que facemos parte dunha vella nación, ten un compromiso firme e irrenunciábel coa construción nacional de Galiza que executaremos desde as bancadas da corporación municipal.

Neste sentido, o traballo da Candidatura do Povo, alén de caracterizarse por un compromiso claro cos dereitos socioeconómicos, ambientais e de xénero da veciñanza, aposta tamén en facer da institución local unha palanca en favor do fortalecimento da conciencia nacional galega e da dignificación e recoñecemento pleno da nosa condición de povo con dereitos democráticos aínda hoxe vulnerados.

Exclusividade da simboloxía galega
nas institucións e actos municipais

A nosa presenza en Raxoi traballará para que as institucións municipais utilicen como única simboloxía colectiva de consenso para todos os compostelanos e compostelanas –alén da local-  aquela que nos identifica como cidadás e cidadáns de Galiza, isto é, a nosa bandeira, o noso hino e o noso escudo nacional. Así, propomos á veciñanza dar un paso adiante, unilateral e colectivo, no papel que corresponde a Compostela como capital do país, superando inibicións e complexos históricos, dependencias e subalternidades e afirmando, tamén no plano simbólico, que somos unha nación.

Neste sentido, queremos afirmar que nengunha normativa legal ten a lexitimidade democrática necesaria para situar-se por encima da vontade democrática da veciñanza. A nosa candidatura intervirá dentro e fora das institucións municipais para que esa vontade democrática colectiva sexa maioritariamente favorábel a esta exclusividade dos símbolos nacionais galegos na representación institucional de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s