Candidatura do Povo agradece o traballo e as achegas de decenas de veciñas e veciños que fixeron posíbel a nosa campaña electoral

Neste último tramo da campaña, a Candidatura do Povo quere agradecer publicamente o traballo intenso e desinteresado que nestes quince días desempeñaron decenas de veciños e veciñas de Compostela para visibilizar a alternativa soberanista e de esquerdas ao bipartito. Podemos afirmar sen esaxeracións que ese obxectivo foi ampliamente alcanzado a pesar de todos os obstáculos e dificuldades colocados desde os medios de comunicación, a Xunta Electoral e as sangrantes desigualdades estruturais que, a nivel económico e informativo, caracterizan os procesos electorais no Estado español.

Grazas a esta colaboración materializada en apoios económicos, facilitación de contactos no tecido veciñal para acodirmos a bairros e parroquias, traballo de campaña en todo o termo municipal, achega de carros particulares para os deslocamentos, etc. foi posíbel que a Candidatura do Povo se fixese ouvir con claridade no medio dunha campaña electoral deseñada antidemocraticamente para silenciar e ocultar as opcións que, como a nosa, se manteñen firmes na defesa dos intereses populares cunha perspectiva soberanista.

Chamamos a facer un esforzo final neste 22-M. Agora, evidenciando nas urnas que nesta cidade existe un corpo social representativo que sustenta, e demanda, unha proposta como a que estamos a construir.

Grazas a todas e todos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s