A extrema dereita recupera o Concello grazas ao descenso de PSOE e BNG e a Candidatura do Povo racha o teito histórico de voto soberanista

A falta de resultados definitivos e as reclamacións interpostas, todo indica que a extrema dereita retorna á alcaldía de Compostela despois de 24 anos de ausencia. As políticas praticadas polo bipartito nestes catro anos foron contestadas pola veciñanza de Compostela coa perda de 3394 votos no caso do PSOE e de 1482 no caso do BNG. Suman por tanto unha caida de 4876 sufraxios, é dicer, do 18.65% dos votos obtidos no 2007, que posibilitaron a victoria da extrema dereita.

Pola súa parte a franquia galega de IU recadou votos superando o seu teito de 2007 e a Candidatura do Povo, que concorría por primeira vez, tivo a confianza de 598 veciños e veciñas de CompostelaEste resultado racha ampliamente o teito histórico de “voto soberanista” na cidade, a pesar de enfrontarmos a campaña desde a ausencia de recursos económicos, os atropelos dos grandes partidos xa denunciados na Xunta Electoral, o “veto” antidemocrático ao aceso aos medios de comunicación públicos e o handicap de sermos unha opción “descoñecida”.

Valorización negativa do
retorno da extrema dereita

A Candidatura do Povo valoriza negativamente o retorno da extrema dereita española, agora con maioría absoluta, á frente da corporación. Sabemos o que representa o empresario Conde Roa e os sectores neofranquistas que o apoian, e non podemos máis que expresar preocupación polas involucións en materia socioeconómica, de liberdades democráticas e cultural que se anuncian da man do ex numerario da secta fundamentalista Opus Dei. Nestes catro anos, por tanto, a rúa deberá recuperar un protagonismo que nunca debeu perder para enfrontar o proxecto do neofranquismo para Compostela.

A identificación dese proxecto neofranquista non nos fai perder de vista un feito trascendente: nas grandes liñas, o bipartito PSOE-BNG partillou o esencial do modelo que agora implementará o PP: Cidade da Cultura, AVE, turistificación económica, inexistencia de políticas de choque contra as causas da “exclusión social”, privatización de servizos, abandono do rural e das súas capacidades produtivas e laborais, política de construción selvaxe, promoción das grandes áreas comerciais, cativa participación social na cousa pública, agresións ás liberdades democráticas, etc. É ai onde se deben procurar as causas que fixeron posíbel que retorne o PP á alcaldía.

Teito histórico soberanista
e suceso da Candidatura do Povo

A Candidatura do Povo alcanza uns resultados que, a pesar de que non nos permitirán aceder á corporación, son máis que dignos se temos en conta as graves deficiencias deste proceso electoral desde un punto de vista democrático formal. 598 votos que rachan con amplitude todos os teitos históricos de voto soberanista de esquerdas na nosa cidade son unha boa base desde a que continuar a liña de traballo soberanista, asembleario e de esquerdas. Á espera dunha análise máis sosegada, queremos agradecer a confianza depositada por estas 598 persoas e anunciar, como dixemos desde o primeiro día, que a Candidatura do Povo “veu para ficar” e desenvolver a citada liña de traballo. E debémonos a ese compromiso.

Seguiremos a defender e ampliar o noso espazo sociopolítico e a construir a partir desta masa crítica inicial un movemento de veciñas e veciños que faga frente á extrema dereita, pero que denuncie tamén o modelo de cidade que impulsan os poderes económicos e institucionais e os tres partidos actualmente presentes na corporación.

2 thoughts on “A extrema dereita recupera o Concello grazas ao descenso de PSOE e BNG e a Candidatura do Povo racha o teito histórico de voto soberanista

  1. aaaaaaaaaa a extrema dereita que como todos sabemos e o PP estase a radicalizarse ,isto ben de
    devido a que non hay unha alternativa nistes intres.Os partidos Franquistas e demais
    acolitos estan divididos e a xente busca esa altertnativa que pra eles e o PP

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s