A Candidatura do Povo apoia coa súa asinatura a Declaración Galega de Soberanía

A Candidatura do Povo apoia coa súa asinatura a Declaraçao Galega de Soberania que nestes días circula a través das redes sociais. A citada declaración é un cuestionamento do rexime monárquico actual que se propón apoiar a toda a cidadanía galega. Alén disto, a declaración nega “calquera lexitimidade” ao citado rexime e chama ás galegas e galegos a exercermos a nosa soberanía como país a nível político, económico, social, cultural, territorial e xurídico.

O texto remata facendo un apelo á “realización das accións civis necesarias encamiñadas á materialización política do exercicio da soberanía de Galiza”. A Candidatura do Povo, como alternativa municipal soberanista que traballa para aumentar a conciencia nacional galega e a reivindicación da autodeterminación e a soberanía para Galiza, anima aos lectores e lectoras desta páxina web a asinar e difundir esta declaración como unha achega máis á extensión do soberanismo nas vilas e cidades deste país. Por outra parte, manifestamos a nosa adesión a participar desde o ámbito municipal nas accións civis que desenvolvan na citada dirección.

O link para coñecer e asinar a Declaración encóntrase en http://www.peticaopublica.com/PeticaoVer.aspx?pi=dgs2011

Advertisements

One thought on “A Candidatura do Povo apoia coa súa asinatura a Declaración Galega de Soberanía

  1. Non teño coñecidos ou amigos a quen poida firmar a Declaracion de Soberania son un
    Soberanista solitario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s