Candidatura do Povo organiza un xantar popular para iniciar o novo ciclo de traballo municipal soberanista

Pasaron as Eleccións Municipais coa queda do bipartito PSOE-BNG, o aceso da extrema dereita ao goberno local e a consecución duns óptimos resultados por parte da proposta soberanista e de esquerdas cristalizada na Candidatura do Povo. Ábrese, pois, un novo ciclo na política local de Compostela no que se xa se anuncia o reforzo da política de privatizacións, distintas medidas antisociais e antigalegas e, como era de esperar co retorno do neofranquismo, recurtes para o exercício das liberdades democráticas da veciñanza.

Fideis ao compromiso de “virmos para ficar” que presentamos na recente campaña electoral, a Candidatura do Povo disponse para seguir sumando forzas por volta da nosa proposta municipalista e xogar un papel destacado na configuración dunha oposición social e política á actual administración municipal da extrema dereita. O pistoletazo de saída para este novo ciclo de traballo será o Xantar Popular a celebrar no próximo 12 de Junho a partir das 14:00 no centro social O Pichel de Compostela.

Apuntarse ao Xantar Popular

Convidamos ás compañeiras e compañeiros que participastes na recente campaña electoral, así como ás persoas que depositastes o voso voto para a Candidatura do Povo no 22-M, a participardes neste acto de convivio e posta a ponto no que se inicia unha nova fase no desenvolvemento dun proxecto soberanista e popular para o concello de Compostela. Podedes apuntarvos ao Xantar Popular escrebendo ao correo info@candidaturadopovo.org ou chamando aos telefones 679533749 e 622278605.

One thought on “Candidatura do Povo organiza un xantar popular para iniciar o novo ciclo de traballo municipal soberanista

  1. Parabéns polo trabalho e sorte com esta nova geira municipalista que iniciades. Fai falta nesta cidade umha proposta como a Candidatura do Povo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s