A Candidatura do Povo celebrará cacharela popular e sardiñada na rúa Ramón del Valle Inclán

A Candidatura do Povo celebrará a próxima quinta-feira 23 de xuño unha cacharela popular con sardiñada na rúa Ramón del Valle Inclán, xunto ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Á festa está convidada a veciñanza de Compostela e iniciarase a partir das 21:00 h. A Candidatura do Povo reinicia coa celebración do solsticio de verán a liña de intervención que inauguramos coa nosa presentación ás pasadas Eleccións Municipais 2011.

Obstrucionismo de Raxoi

Depois de cursarmos solicitudes sobre 10 prazas, sendo todas elas denegadas polo goberno municipal sainte, Tráfico comunicaba hoxe in extremis a autorización para facer a cacharela de San Xoán e a sardiñada solicitadas na rúa Ramón del Valle Inclán. As prazas de Salvador Parga e 8 de Marzo foron denegadas por estar solicitada para ese día a primeira e por supostas razons de protección de patrimonio e arborado a segunda. As restantes prazas foron denegadas oralmente sen nengún tipo de explicación, ofrecéndosenos como única alternativa a localización reseñada a apenas 48 horas da noite de San Xoán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s