Recibiremos a toma de posesión de Conde Roa cun acto que inicia a oposición veciñal, soberanista e de esquerdas en Compostela

Finalmente, tras a sentenza do TSXG que desestima os contenciosos interpostos por PSOE e BNG contra a constitución da mesa electoral de La Salle, o lider do PP de Compostela Gerardo Conde Roa será investido como alcalde da cidade o próximo 1 de xullo. O novo rexedor local conta apenas co apoio do 26.48% do censo electoral.

Coincidindo co acto institucional, a Candidatura do Povo celebra o próximo día 2 na Praza do Pan –coñecida como Praza de Cervantes– un acto político-musical que detallaremos nesta semana co que pretendemos iniciar o ciclo de intervención veciñal encadrada en parámetros soberanistas e de esquerdas co que nos comprometimos antes do 22-M. Desde a Candidatura chamamos aos sectores soberanistas e independentistas locais, à esquerda sociolóxica da cidade, aos movementos veciñais liberados de tutelaxes, a construirmos mancomunadamente, desde a rúa, unha oposición plural e contundente às políticas de urbanismo, privatización de servizos sociais, españolización e represión que encarna o señor Gerardo Conde Roa.

A nosa man está tendida para erguermos entre todos e todas esta oposición decidida, ao servizo da veciñanza e sen pelos na lingua, contra as políticas antisociais e antigalegas que no noso concello representa a equipa de goberno de Conde Roa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s