Concello proibe a instalación dunha faixa da Candidatura do Povo na cacharela da noite

Esta semana solicitamos no Departamento Local de Tráfico a “autorización” preceptiva para instalar unha faixa da Candidatura do Povo na cacharela que celebraremos á noite. A normativa local que regula a confección de cacharelas de San Xoán recolle nun dos seus puntos que a colocación de faixas só é posíbel se dispón do permiso do departamento que depende de Seguranza Cidadá.

A última hora da mañá contactamos con Tráfico para coñecer o estado da solicitude. Un funcionario informounos de que “nas cacharelas non pode haber faixas de nengún tipo”, algo que contradí a normativa que recolle, cando menos, formalmente, a posibilidade contraria. Foi imposíbel coñecer que razóns fundamentan esta proibición antidemocrática que só pretende impedir que organismos e asociacións populares ocupen a rúa esta noite con elementos que visibilicen a súa presenza e reivindicacións.

Vista a experiencia do centro social A Gentalha do Pichel en 2010, sancionado con 1500€ “por ocupación indebida da rúa” (sic) por motivos idénticos ao denunciado, decidimos nesta ocasión evitar o conflito coa proibición municipal para facilitar a realización da cacharela e estudaremos a posibilidade de impugnar legalmente a citada normativa por vulnerar dereitos fundamentais, así como analisaremos outras vías de resposta colectiva frente a esta situación.

Arbitrariedade municipal
e políticas de censura

O exercicio da liberdade de expresión en Compostela é sometido a un estado de excepción permanente grazas ás normativas elaboradas polo bipartito PSOE-BNG en retirada e o Consello Local de Seguranza. Argumentando a “protección do medio”, a “limpeza da cidade” e incluso a “seguranza”, unhas autoridades municipais indiferentes ante atentados ambientais gravísimos impoñen un rexime de censura e proibicións que apenas procura converter a liberdade de expresión nun dereito impraticábel.

Este argumentario insustentábel estendeuse tamén á utilización das prazas públicas, que poden ser vetadas ao uso dos veciños e veciñas se o departamento municipal decide a proibición en base a argumentos tan difusos e arbitrarios como os expostos. Todo isto acontece baixo un goberno municipal “progresista”. Temos a certeza de que, co novo alcalde da extrema dereita, a situación continuará igual ou empiorará porque tamén en materia de liberdades públicas é difícil diferenciar entre a “esquerda” institucional e a dereita reaccionaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s