Candidatura do Povo convoca concentración e minuto de silencio frente ao retorno do fascismo ao Concello

Este venres 1 de xullo un promotor urbanístico situado ideoloxicamente na extrema dereita relixiosa será investido como alcalde da cidade co arroupamento da Igrexa Católica e os sectores máis reaccionarios da sociedade local. Trátase de Gerardo Conde Roa. O novo rexedor municipal detentará a responsabilidade a pesar do déficit democrático que arrastra a sua elección: só 26.48% da veciñanza en idade de votar apostou porque a extrema dereita se puxese á frente da corporación municipal.

Trátase da primeira ocasión desde a liquidación formal do franquismo –se exceptuamos a breve estancia na alcaldía do dirixente de Alianza Popular Ernesto Vieitez Cortizo entre 1986 e 1987- en que Compostela estará gobernada pola extrema dereita española.

Afirmamos na campaña que o Sr. Conde partillaba con PSOE e BNG un modelo de cidade similar nos parámetros esenciais. Contodo, sabemos que o aceso do PP á alcaldía suporá novas voltas de porca e a radicalización das vellas políticas: urbanismo como negocio, privatización de servizos sociais, españolización, aposta polo turismo como principal sector económico local, recorte de liberdades da veciñanza, simulacros de participación cidadá, abandono do rural, inexistencia de políticas contra as causas da crise, invisibilización da pobreza que alcanza xa 25% dos veciños, etc.

Reconquista de Compostela
e bloco cidadán de oposición

Pola condición de capital administrativa, sede de institucións autonómicas e universitarias e plataforma de proxección internacional do país, Compostela é hoxe estratéxica nos planos da extrema dereita española. Reconquistala, acelerar a aplicación de políticas locais que emanan da FAES para os grandes núcleos urbanos e debilitar os movementos sociais e políticos galegos fai parte de planos máis ambiciosos que os persoais do Sr. Conde Roa. Neste sentido, o apadriñamento do rexedor local por parte de Alberto Núñez Feijoo é máis que elocuente.

Á vista deste panorama, a Candidatura do Povo marca como principal obxetivo nestes 4 anos artellar unha rede de veciños/as que, desde a autoorganización asemblear, desde a rúa, desde parámetros soberanistas e de esquerda real, enfrentemos ás políticas reaccionarias da nova equipa de goberno, á vez que nos distanciemos das dependencias, contradicións e insuficiencias que caracterizan as políticas do PSOE e o BNG na nosa cidade.

Chamamento: sábado 2
todos á Praza do Pan

O novo ciclo iniciase este sábado. Ás 12:00 h. concentrarémonos na Praza do Pan (“Cervantes”) para manifestar a oposición á etapa que Conde Roa inicia en Compostela. O acto consistirá na leitura dunha declaración da Candidatura do Povo sobre o novo ciclo que se abre na cidade, chamando a organizar a resistencia social ao neofranquismo empresarial e relixioso e a celebración dun “minuto de silencio” para receber aos sucesores ideolóxicos de quen deitaron nas cunetas ao alcalde nacionalista de Compostela en 1936, Ánxel Casal, e aínda non condenaron 40 anos de fascismo e represión.

Chamamos aos e ás activistas do movemento veciñal, sindical, feminista e ambientalista, ao movemento cultural de base, aos homes e mulleres que sustentades o tecido asociativo das parroquias, aos traballadores e as traballadoras, aos axentes políticos soberanistas galegos, etc. a participardes nesta construción colectiva dunha nova resistencia veciñal aos actuais ocupantes de Raxoi.

NON PASARÁN!
VIVA A COMPOSTELA ANTIFASCISTA, SOBERANISTA E DE ESQUERDAS!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s