O Concello cederá terrenos municipais para construir a sede do “Club Financiero de Santiago”

Gerardo Conde Roa xa comeza dar mostras da “sensibilidade social” anunciada en campaña.  O novo rexedor recebeu onte en Raxoi ao presidente do Club Financiero de Santiago, Roberto Pereiro, para comunicarlle a cesión de terrenos municipais en San Lázaro nos que se construirá a nova sede da entidade empresarial. A cesión ratificarase no vindeiro pleno municipal. Pola súa parte, Pereiro afirmou que o CFS se constituirá em xullo como fundación para solicitar esta cesión.

O CFS é unha entidade privada que ten como obxectivo “salvaguardar os intereses do empresariado, non só de Compostela (…) senón de toda Galiza” . As compañías Castromil, Blu:Sens, Espiña y Delfín, Pérez Rumbao, Carrocera Castrosua, Grupo Brea, Puentes y Calzadas, Pousadas de Compostela, etc. son algunhas das empresas fundadoras do Club Financiero de Santiago. O selecto centro empresarial contará con oficinas, comedores privados, zonas de hostelería, piscina, salas de masaxe, perruquería, ximnasio, etc.

Política municipal
para as minorias?

É indicativo de por onde camiñará a política de Conde Roa que unha das primeiras decisións da nova equipa de goberno sexa ceder terrenos a un grupo de empresas para construir o seu centro de negocios. É significativo tamén para nós que, nunha cidade onde entre 22 e 25% dos veciños e veciñas censadas vive baixo o limiar da pobreza e hai un desemprego xeneralizado, sexa prioridade ceder terrenos para instalacións que contan cun reducidísimo número de usuarios que, ademáis, poden sufragar facilmente os gastos que orixinan as súas necesidades de infraestruturas sen seren asumidas polo erario público.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s