Conde Roa pretende proibir a programación de actos do Día da Patria Galega en Compostela

A Candidatura do Povo caracterizou o novo rexedor municipal como “neofranquista” o día da súa investidura. Os feitos comezan mostrar agora que este perfil non era esaxerado. O Concello suspendeu onte os permisos para celebrar os actos lúdicos e festivos do Día da Pátria que convoca Causa Galiza.  Alégase por Raxoi que esta iniciativa popular non pode utilizar o parque público Fermín Bouza Brei, xa que “atópase contiguo á Avenida Juan XXIII (sic), que comunica coa Praza do Obradoiro, na que os días 24 e 25 de xullo atópanse un grande número de autoridades con motivo da celebración da Ofrenda Nacional ao Apóstolo”.

O argumento é ficticio. Unha mera escusa formal que, ademáis, enviada por correo electrónico, carece de validez legal. Con todo, é evidente que o formalismo xurídico oculta unha vontade política: sacar das rúas de Compostela os sectores sociais e politicos que se opoñen ás políticas dun Partido Popular liderado por sectores extremistas de dereita. Arrecunchar o soberanismo galego e facer da nosa cidade unha expresión da Galicia que se siente cómoda en España.

En similar situación encóntrase tamén a programación de actos da organización xuvenil Briga, que é forzada á cancelar o concerto no parque público de Belvís. Ao mesmo tempo que todo isto ocurre, o grupo Acción Juvenil Española parece contar con permiso legal para realizar unha concentración fascista ante a Faculdade de Xeografía e Historia ás 18:30 horas deste sábado. Nengún dos grupos municipais con presenza en Raxoi despois do 22-M levantaron a súa voz ante esta vulneración do dereito de reunión, de libre expresión e de manifestación.

Asemblea aberta
hoxe pola tarde

Causa Galiza trasmitiu a membros da Candidatura do Povo que participan na iniciativa popular pola autodeterminación o chamamento a participar nunha asemblea a celebrar hoxe ás 20:00 horas no centro social O Pichel. Nós, como Candidatura, facémolo público nesta páxina web convidando á veciñanza a participar nesta reunión de contido antifascista. Vamos facer todo o que estexa na nosa mao para que Compostela manteña alta a bandeira galega frente aos nostálxicos da España eterna e os suculentos negocios urbanísticos, hoxe encabezados polo noso alcalde Gerardo Conde Roa.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s