Empobrecemento e exclusión social continúan aumentando na nosa cidade

Os nove primeiros meses de 2011 evidenciaron un incremento notábel da pobreza e a exclusión social en Compostela. Segundo datos de Cáritas Diocesana, produciuse un aumento superior ao 14% en atención primaria e do 22% na cifra de persoas que acuden por primeira vez a esta entidade relixiosa en procura de axuda económica. Os díxitos fixéronse públicos na asembleia local da entidade celebrada recentemente no colexio La Salle.

Cáritas alerta sobre o feito de que, cando a crise arrecia, se rexistre un descenso da contribución das distintas administracións públicas para paliar os efeitos do desemprego e a crise que azoutan Compostela. Esta asociación xa anunciara o 4 de maio que 4000 veciñ@s viven sometidos a unha situación de “pobreza severa” sobre un censo de menos de 95.000 persoas.

20.000 veciños en risco
imediato de exclusión social

Alén deste dato alarmante, 20.000 persoas máis encóntranse en risco de “exclusión social” segundo esta fonte. Os dados, que indican que case 25% do censo municipal vive na pobreza ou arraiano a ela, evidencian os resultados dun modelo económico asentado sobre o monocultivo do sector turístico, a construción e os investimentos millonarios en infraestruturas socialmente innecesarias, como o Tren de Alta Velocidade e a Cidade da Cultura.

Neste marco, a política de recurte duro en gastos e servizos sociais que Conde Roa despregará nesta lexislatura, a persistencia na aposta exclusiva polo sector turístico, que apenas deixa beneficios a certos sectores empresariais e está ligado a un emprego de baixísima calidade, e a teimosía na liquidación do sector agrario local –véxase a actual tentativa de clausurar a histórica feira de Ámio- avanzan xusto na dirección contraria ás necesidades sociais e económicas da veciñanza.

Deputación da Coruña inxecta
350.000€ para promoción turística

Cifras arrepiantes como estas deberían definir a prioridade nº 1 dunha administración local sensíbel cos dereitos sociais. Pero non é este o caso da equipa de Conde Roa. O día 2 o rexedor anunciou a asinatura de 2 convenios coa Deputación Provincial. Un, para promocionar a cidade como destino turístico destinando 350.000€ ao Plano de Competitividade Turística “con congresos, feiras ou presentacións que contribúan a promocionar a cidade”. A alcaldía achegará a esta cantidade case 90.000€.

O outro convenio asinado co titular da Deputación, Diego Calvo, diríxese a “erradicar o chavolismo” e supón unha inxección de 30.000€. A dimensión da cantidade evidencia que o obxectivo non é xerar vivenda digna, senón retirar da postal turística a imaxe dunha pobreza crecente que debe ser achantada debaixo da alfombra. Neste sentido, as políticas que anuncia a concellaria de Paula Prado parecen non sairse dos guións tradicionais que aplican a dereita e a extrema dereita en Europa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s