O debate da estación intermodal destapa as contradicións e hipocrisías dos políticos municipais

“Non queremos ser partícipes dun macrocomplexo urbanístico comercial”. Quen así se expresa hoxe en declaracións a Onda Cero non é un comerciante local abafado pola multiplicación de áreas comerciais, nen os grupos pro soberanía alimentar, senón a concelleira María Castelao (PP), integrante dun grupo municipal favorábel ás grandes áreas e cuxo máximo representante –o alcalde- aparecía o día 8 como informal xefe de vendas do hipermercado que Carrefour Property España constrúe nas Cancelas.

A Sra. Castelao aseguraba ademáis que “é fundamental a conectividade da Ponte Pedrinha co centro da cidade, así como manter a antiga estación do tren”. Tanta preocupación xunta chama á sospeita: desde cando o grupo municipal da extrema dereita, que defende grandes infraestruturas á conta das comunidades locais, e grandes áreas á conta do pequeno comercio, se chanta ante o proxecto do AVE?

Intereses electorais?

Segundo Bernardino Rama, do PSOE, “en nengún proxecto está nengún centro comercial”. Rama insiste en que “se comprovou que non ía nengún centro comercial” na futura estación intermodal e o organismo estatal asumirá os custos da construción. Conde Roa tamén declarou que “en palabras do presidente de ADIF, alí non vai haber nengún centro comercial e por tanto será ADIF quen se faga cargo da financiación da estación intermodal”. A cuestión complícase.

Visto o visto, o Sr. Conde esgrime novas razóns para xustificar a ausencia do Concello no concurso da estación do AVE e declara que “non vamos admitir nengún proxecto que parta da base da demolición da actual estación de Renfe”. Todo indica, sen embargo, que o centro comercial, os intereses da Ponte Pedrinha ou o conservacionismo arquitectónico son cortinas de fume de intereses que descoñecemos e poderían situarse no plano eleitoral. A Xunta de Galiza tamén evitou personarse no concurso.

BNG: a salvaguarda do AVE

Pola súa parte, o edil do BNG Rubén Cela denuncia que a non participación das autoridades locais fai que “non estexan representados no concurso os cidadáns de Santiago”. Cela, que en infraestruturas se presenta como o aluno máis avantaxado á hora de defender os proxectos do Estado, como evidencia con claridade a declaración do BNG en http://www.bng-compostela.org/grupo-municipal-bng-no-concello-39/1253-o-bng-aposta-pola-estacion-intermodal chamou ao Sr. Conde a recapacitar e laiouse de que “non teremos estación na próxima década”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s