A ameaza do Teleférico ao Gaiás volve pairar sobre Compostela tras unha decisión parlamentar

A ameaza da construción dun teleférico en Compostela asoma de novo. Hoxe, os tres grupos do parlamento da Comunidade Autónoma decidiron por unanimidade mellorar as conexións peonais e de autocarrro coa Cidade da Cultura. Populares e socialistas tamén se mostraron partidarios de estudar a viabilidade da instalación dun teleférico entre o casco histórico e a infraestrutura que o PP construiu na cima do Gaiás.

O 3º punto da iniciativa parlamentar aposta por “promover, respectando as competencias municipais, un sistema de transporte especializado teleférico, previo estudio e que garanta a súa viabilidade económica, financeira e arquitectónica”. Fernández Leiceaga, ex concelleiro do BNG, e actualmente deputado do PSOE no Hórreo, incidiu en que é necesario “encher de persoas” e “levar visitantes” a unha infraestrutura cuxo utilidade final aínda se descoñece.

20 millóns de euros
en plena recesión

A pesar de que as obras da Cidade da Cultura estarán paralisadas ata o 2014, os Orzamentos da Xunta de Galiza para 2012 consignan unha partida de 1.2 millóns de euros para a construción do teleférico. Segundo o titular autonómico de Cultura, o inefábel Roberto Varela, que a calificou como “previsión”, non exisitiría “nengunha intención directa e concreta de executar a obra” (?).

Un estudo anterior da Fundación Cidade da Cultura apuntaba sen embargo en 2009 que a construción do teleférico soñado no seu día por Sánchez Bugallo, que en xaneiro declarou que “non vin unha proposta mellor que o teleférico ao Gaiás” (sic), custaría 20 millóns de euros ás arcas públicas e calculaba que, para ser rendábel, sería necesario que o utilizasen anualmente 700.000 persoas, isto é, no teleférico deberían montar cada día case 2000 persoas. A cifra duplica longamente a de 300.000 que manexara no seu día a Xunta de Galiza.

Saídas desde Belvis e a
nova estación intermodal

Se as declaracións feitas por Bugallo en 2008 conservan vixencia, trataríase de construir dúas liñas teleféricas. Unha partiría do corredor de Belvís. A outra, da futura estación intermodal. O organismo asesor da UNESCO en materia de patrimonio, ICOMOS,  calificou de “inapropiada” esta ocorrencia porque “interfire na paisaxe edificada da cidade, na paisaxe rural conservada con bastante autenticidade nas Brañas de Sar e na propia relación entre os montes Gaiás, o Pico Sacro e a parte oriental de Santiago”.

Animamos a consultar o informe do ICOMOS de Setembro de 2008 (en español) e convidamos á veciñanza a estar á espreita ante a posibilidade de que as autoridades locais e autonómicas traten de materializar finalmente esta nova ocorrencia enmarcada nun conxunto de políticas antisociais que xa esixen respostas decididas por parte da cidadanía.

Advertisements

One thought on “A ameaza do Teleférico ao Gaiás volve pairar sobre Compostela tras unha decisión parlamentar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s