É Conde Roa o representante comercial oficioso do Carrefour das Cancelas?

Conde Roa obséquianos nestes días coa imaxe dun rexedor local oposto á construción de grandes áreas comerciais na nosa cidade ao fío da polémica entre políticos pola construción da estación intermodal. Sen embargo, nada máis lonxe da realidade que esta batalla teatral do ex numerario da Opus Dei polo pequeno comercio local. Conde Roa e o seu partido situáronse sempre a favor da aterraxe en Compostela das grandes compañías do sector.

Nova evidencia foi o acontecido o pasado día 8 nas obras do centro comercial que Carrefour Property España constrúe nas Cancelas. Como se se tratar dunha obra municipal, en vez dun negocio privado que afondará no desmantelamento do pequeno comercio local, o Sr. Conde abenzoaba o proxecto coa súa presenza e percorría as obras do hipermercado da man de directivos da compañía francesa e de Realia, imobiliaria participada por FCC e Caja Madrid.

Declaracións a distintos meios informábannos que o alcalde constatara que as obras “avanzan a bo ritmo”. O rexedor, cuxa presenza como autoridade local no hipermercado aínda non foi explicada, asegurábanos que co novo centro comercial “chegamos a un punto de equilibrio entre grandes áreas comerciais e pequeno comercio”, é dicir, por incríbel que parecer, a apertura do Carrefour “nivelaría” as grandes compañías co poderoso pequeno comercio local.

Un modelo urbano cimentado
no turismo e o grande comercio

A participación normalizada de autoridades municipais en inauguracións de negocios privados, que ademáis teñen efeitos catastróficos para outros sectores económicos locais,  delata o grao de promiscuidade alcanzado entre a política municipal e as empresas, pero tamén evidencia o modelo de cidade que o PP ten para Compostela: un destino turístico e comercial que nas súas liñas mestras é partillado co PSOE e o BNG a pesar dos nocivos efeitos sociais que acarrexa.

Evidenciando unha vez máis esta concepción da cidade como parque temático e centro de ocio, Conde Roa anunciou a súa “satisfacción” porque o novo Carrefour “vai traer xente á cidade”. Os promotores informaron ao alcalde de que o complexo abrirá no último trimestre de 2012 e criará, supostamente, 5.700 empregos -3.500 na construción do centro e a urbanización da zona-.

Mercados satisfeitos
co novo investimento

Íñigo Aldaz, director xeral de Realia, asegurou que o hipermercado será “unha das locomotivas económicas de Compostela”. Pola súa parte, Justo Martín, director xeral de Carrefour Property España, tamén de paseo polas obras con Conde Roa, comunicou ao rexedor que “é un verdadeiro orgullo” e “un motivo de alegría”. A afirmación é comprensíbel se temos en conta que, segundo os seus cálculos, o hipermercado “atraerá un mínimo de oito millóns de visitantes anuais”, isto é, de ser certo, unha media de case 22.000 client@s cada día.

2 thoughts on “É Conde Roa o representante comercial oficioso do Carrefour das Cancelas?

  1. o conde roba tudo o que pode(iste e o seu berdadeiro nome)esta cheo de incongruenzas coma tudo ser human mais este sempre ten afan de forrarse,seria bom que acabara a sua lexislatura sen acadalo ou preso,ise e o trabalho da candidatura e da xente de ben de compostela,apertas.X

  2. Pingback: Currás inaugura nas Cancelas un falso túnel por valor de catro millóns anunciando que é a “antesala” do novo Carrefour | Candidatura do Povo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s