O povo galego pagará cada día máis de 2 millóns das antigas pesetas para a mantenza ordinaria da Cidade da Cultura

Dados que todos e todas deberíamos coñecer e manexar. Segundo informacións publicadas onte por un diario estatal, a Consellaría de Cultura destinará en 2012 unha partida de 4.5 millóns de euros para financiar “actividades imprescindíbeis” do complexo do Gaiás, como “seguranza, limpeza ou mantenza”. 747 millóns das antigas pesetas, isto é, máis de 2 millóns diarios nestas ptas. A cifra achegouna o titular de Cultura Roberto Varela nunha recente comparecencia no parlamentiño.

A fonte xornalística desglosa algúns dos gastos anuais fixos que xerará a simples existencia do complexo turístico relativas aos edificios xa en funcionamento. Estas cifras non inclúen os gastos de contratación de persoal propio de administración, nen os que xerará a Cidade da Cultura cando os dous novos edificios en construción se encontren “a pleno rendemento” e produzan os seus propios gastos:

–          Ascensores, montacargas e elevadores 108.000€ (+30.000€)
–          Vixilancia 414.500€
–          Electricidade 338.000€
–          Mantenza de diversas equipas 290.500€
–          Limpeza 254.000€
–          Gas 117.000€
–          Seguros 80.000€
–          TOTAL: 1.602.000€

Probábel custo total
da obra: 500 millóns

A Xunta de Galiza leva gastado na construción e mantenza desta infraestrutura turística desde que se iniciaron as obras en 2001 por volta de 300 millóns. Recentemente, a administración autonómica anunciaba que non se plantexará ata 2014 se remata ou non os dous últimos edificios cuxas obras están paralisadas e elevarían o custo total da construción a perto de 500 millóns.

2 thoughts on “O povo galego pagará cada día máis de 2 millóns das antigas pesetas para a mantenza ordinaria da Cidade da Cultura

  1. Pingback: O povo galego pagará cada día máis de 2 millóns das antigas pesetas para a mantenza ordinaria da Cidade da Cultura

  2. Pingback: Cidade da Cultura cumpre o primeiro aniversario “queimando” cada día dous millóns de pesetas para a súa mantenza ordinaria | candidaturadopovo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s