Un grupo de persoas ocupa o abandonado Cinema Yago para convertelo nun espazo cultural

Un grupo de persoas acedeu esta mañá ao interior do edificio do antigo Cinema Yago na rúa do Vilar instalándose no mesmo. Nun escrito enviado aos medios de comunicación, afirman que decidiron a ocupación e recuperación da sala cinematográfica aberta en 1946 e abandonada desde 2007 “frente á decisión do Concello e propietarios de deixar que se siga caendo” e “ conseguir así unha nova catalogación que permita a especulación inmobiliaria”.

@s ocupantes sinalan a paradoxa de que “frente ao peche e abandono de pequenos cinemas e salas como o Yago ou a Nasa e a ironía dunha Cidade da Cultura as aforas, recuperemos a diversidade de pequenos espazos nos que ten cabimento a denuncia política e social”. A fachada do edificio ten neste momento unha faixa coa lexenda Espazo cultural liberado. Simultaneamente, decenas de cartaces apareceron na cidade convidando á veciñanza á Grande reapertura da Sala Yago cunha programación para os próximos días.

“Pola recuperación
dos nosos espazos”

A programación proposta pol@s ocupantes do vello Cinema Yago para estes días aparece publicada aquí. O calendario inclue entre outras cuestións un obradoiro sobre defensa lexislativa, debates sobre autoorganización, un ciclo de cinema forum, etc. O comunicado que @s recuperador@s do edificio colocaron en Internet explicando as causas da ocupación aparecen nesta páxina web.

Conde Roa propón
a “solución” policial

O rexedor local e promotor inmobiliario xa acudiu aos medios para sinalar que o imóbel é “de propiedade privada” e suxerir á familia titular que axilice a presentación dunha denuncia contra @s ocupantes. A tramitación desta posibilitaría a intervención das forzas policiais, que é improbábel encanto os propietarios non den este paso. Conde Roa confirmou a comunicación d@s ocupantes no sentido de que o inmóbel se encontra “en mal estado” despois de máis de cinco anos de absoluto abandono.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s