Ao final, utilizaron a violencia contra os veciños que reivindican o uso social da Sala Yago

Pasado o mediodía de hoxe, decenas de policías antidisturbios fortemente armados tomaron a rúa do Vilar para facer efectivo o desaloxo da Sala Yago. Na rúa concentráronse arredor de 200 veciños e veciñas para reivindicar o uso social da sala abandonada desde 2007 e sobre a que podería pesar un proceso de especulación urbanística. A policía detivo a doce persoas comprometidas con esta loita. No momento de redactarmos esta información, catro xa sairon en liberdade encanto 8 permanecen na comisaría de Peleteiro.

Finalmente, frente á xustiza da reivindicación do edificio abandonado para o uso social, a Delegación do Goberno decantouse por utilizar a violencia policial. A rúa do Vilar aparecía esta mañá tomada por decenas de policías fortemente armados que rodeaban a Sala Yago e, dentro, identificaban ás persoas que permanecían no inmóbel. Fora, os antidisturbios demostraban actitudes completamente prepotentes cara as persoas concentradas e producíase algunha pequena carga, encanto a xente berraba Un desaloxo, outra ocupación!, A rúa é nosa e non de Conde Roa!Esta é a vosa democracia! ou Liberdade para @s detid@s!

Manifestación espontánea
pola liberdade dos detidos

Un centro de persoas desprazouse sobre as 2:30 desde a rúa do Vilar ata a nova comisaría da Policía española que se encontra no edifício do antigo colexio Peleteiro. Cando escribimos esta información son 12 as persoas detidas nas dependencias policiais, catro das cales xa se encontran en liberdade. Descoñecemos se lle foron imputados cargos.

Hoxe, ás 20:30 h. na Porta do Camiño, todas as compostelanas e compostelanos estamos convocados a unha concentración para esixir o uso social da Sala Yago, a paralisación dos procesos especulativos en curso e a liberdade de todas as persoas detidas. A Candidatura do Povo suspende a reunión do grupo municipal de base prevista para esta hora e chama a participar nesta mobilización.

POLO USO SOCIAL DA SALA YAGO
NON AOS PROCESOS DE ESPECULACIÓN URBANÍSTICA
LIBERDADE VECIÑOS E VECIÑAS DETIDAS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s