Convocan concentración de rechazo á concesión do nome de Fraga Iribarne a unha rúa “para saudar” ás autoridades

Mañán venres, o Concello de Compostela colocará a placa dunha rúa en homenaxe a Manuel Fraga Iribarneex ministro do xenocida Francisco Franco que se fixera famoso por desempeñar graves responsabilidades na represión durante a Ditadura, pronunciar o La calle es mía e traballar activamente na deconstrución de Galiza desde a Xunta no período 1989-2005. O acto oficial está convocado ás 12:00 h. na primeira rotonda que sobe para a Cidade da Cultura. O Movemento polos Dereitos Civís, que desenvolve a recollida de asinaturas para que o goberno local paralise a imposición do nome Fraga Iribarne a esta rúa, infórmanos de que hai convocada concentración na rotonda do Multiusos para “saudar a todos os cargos que participarán nesta homenaxe”.

O alcalde pretende que Fraga Iribarne teña rúa en Compostela. Sen embargo, él non ten o copyright  do proxecto que xa fora intentado polo anterior alcalde socialista  Sánchez Bugallo. Se ben en 2006, cando o PSOE presentou a proposta, esta deu marcha atrás ante o rechazo de importantes sectores da veciñanza, agora, a posibilidade de dar a unha rúa da nosa cidade o nome dun invidíduo que, recentemente, xustificaba a necesidade dunha figura como Pinochet en Chile, é máis real que nunca.

Como Candidatura do Povo, somámonos á iniciativa do MpDC, animamos á veciñanza a asistir a esta concentración para “saudar” con entusiasmo democrático ás autoridades e animamos a dar uso aos dous links que propón esta asociación para enviar unha carta a Conde Roa expresando a repulsa á iniciativa e ao propio Concello de Compostela. Quen participou nos tempos da represión franquista, participando dun rexime que provocou decenas de mortos e pres@s na nossa cidade, incluido o alcalde galeguista Ánxel Casal baleado en Cacheiras, non pode ter unha rúa na nosa cidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s