Autoridades inauguraron a rúa Manuel Fraga Iribarne cun cerco policial que imposibilitou a protesta

A mediodía de hoxe varias unidades antidisturbios e da Policía Local bloqueaban o aceso á Cidade da Cultura xunto ao Multiusos de Sar. Os efectivos policiais identificaron e fotografaron ás persoas que pretendían expresar o seu rechazo á concesión do nome da avendida que vai do casco urbano á cima do Gaiás ao ex ministro de Franco, Manuel Fraga Iribarne. Así, as autoridades municipais materializaban unha decisión que conta cun amplo rechazo na veciñanza, como é homenaxear co nome dunha rúa a quen tivo graves responsabilidades na represión durante a ditadura e, tempo depois, creou un denso entramado caciquil e empresarial desde a administración autonómica.

Villeus e antidisturbios encargáronse de que as autoridades fixesen a súa festa sen expresións de oposición. Sen embargo, temos a certeza de que, igual que outras ruas e prazas que foron dedicadas a ditadores, asasinos e represores, como é o caso da presente, esta tampouco gozará nunca da aceptación do povo de Compostela. Hoxe, a recuperación e dignificación do noso nomenclátor local asume novas tarefas e, do mesmo modo que “Plaza de España”, “Generalísimo” ou “José Antonio” foron substituídas, a deste ex ministro de Franco também o será.

“Amor a España”

Conde Roa, nunha declaración integramente lida en español, glosou a figura do ex ministro franquista. O rexedor local louvou a “honradez e o respecto pola administración da cousa pública” de Fraga Iribarne ante centos de correlixionarios do PP e o PSOE que sí tiveron aceso á cima do Gaiás. Ademáis, o alcalde, que antonte recibía no seu despacho ao grupo antigalego Galicia Bilingüe, comprometéndose con este a reducir a presenza do Galego na corporación local, asegurou respecto do homenaxeado que “o seu patriotismo, o seu amor a España, fundiuse nun abrazo con esa espléndida galeguidade. Polo tanto como galegos e españois, agradecémoslle tamén que o seu exemplo nos siga alumeando”.

One thought on “Autoridades inauguraron a rúa Manuel Fraga Iribarne cun cerco policial que imposibilitou a protesta

  1. Pingback: pingheiras » Semana Conde Roa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s