Marcha Mundial das Mulleres chama a mobilizarnos hoxe contra a violencia machista no Toral

A veciñanza de Compostela mobilizarase neste Día Internacional contra a Violencia Machista. A convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres está colocada para hoxe as 20:00 h. na Praza do Toral e encádrase nun marco máis amplo que o rechazo á violencia de xénero, dado se insire na “loita contra o patriarcado, a orde social que historicamente veu favorecendo o exercicio de violencia contra as mulleres”. A mobilización da MMM é o colofón dunha semana de actividades para denunciar esta lacra social.

Segundo dados publicados en distintos xornais que citan como fonte á corporación CCOO, 5.270  mulleres galegas denunciaron seren agredidas polas súas parellas en 2010 e ditáronse 1.365 ordes de protección. A mesma fonte indica ademáis que no noso país por volta de 75.000 mulleres son obxecto de acosa sexual nos seus centros de traballo. Dous dados que dan unha visión aproximativa da dimensión que alcanza esta pandemia.

Implicación municipal

Agora, en proceso de se elaborar os Orzamentos Municipais, fica por comprobar se a equipa que preside o Sr. Conde Roa tamén considera o combate contra unha problemática social tan grave como a reseñada parte dos “gastos prescindíbeis” que a corporación municipal pode “recurtar”. Neste sentido, o perfil político-relixioso da actual equipa de goberno local  convida a aguardar as mínimas esperanzas tamén neste ámbito.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s