2000 persoas sen casa “residen” en Compostela

Os dados achégaos nesta ocasión a entidade relixiosa Cáritas Diocesana de Compostela. Segundo esta fonte, 2000 persoas viven hoxe sen teito na cidade. Desde 2010, produciuse un incremento do 30% nesta poboación empobrecida e o actual portavoz de Cáritas, Javier García Sánchez, asegura que “se incorporaron moitas mulleres sen teito que ata agora tiñan un traballo estábel e agora se dedican á prostitución”, así como imigrantes portugueses e romaneses sen papeis.

A maioría ten entre 30 e 50 anos e nunha alta percentaxe padecen enfermidades e/ou teñen problemas con distintas adicións. Cáritas asegura que durmen en portais de edificios, caixeiros automáticos, o voladizo de Xoán XXIII, os bancos da Alameda ou os soportais do Auditorio de Galiza. Os albergues de Vieiro e Xoán XXIII e a Cociña Económica son, baixo patrocinio da Igrexa Católica, as principais infraestruturas paliativas contra o empobrecemento derivado da crise na nosa cidade. Así, por exemplo, o centro Vieiro atendeu de xaneiro a outubro 14.891 persoas.

Desinterés institucional

En tempos de recesión económica e recortes antisociais xeneralizados, cando nas nosas rúas se ouvía de novo, ao fío do conflito da Sala Yago, a consigna Casas sen xente, xente sen casa! en medio dun clima de alta tensión policial, unha problemática que afectará nos próximos anos sectores crecentes da poboación parece contar apenas coa asistencia da institución eclesial e o desinterés ou a hipocrisía das administracións públicas.

O empobrecemento de segmentos crecentes da poboación compostelana é unha tendencia para a que non teñen solucións os doutrinarios dos teitos de gasto público, o adelgazamento das administracións e un modelo de cidade construido sobre a redución da economía produtiva e o monocultivo turístico e de servizos. É a outra cara (oculta) da Compostela embarcada na destrución do sector agrario e gandeiro, as infraestruturas millonarias para uso maioritariamente externo e a conversión da cidade nun parque de atraccións para o desfrute d@s visitantes como actividade económica central.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s