O organismo estatal Axencia Tributaria só utiliza o castellano nas súas relacións coa veciñanza

A discriminación lingüística d@s galego-falantes está á orde do día na educación, as empresas e a administración por citar os exemplos máis comúns. Recentemente coñecíamos un novo caso.  Segundo denuncia unha veciña de Compostela á Liña do Galego que xestiona a MNL, a delegación local da Agencia Tributaria, só utiliza como lingua de comunicación o castellano. A pesar de que, a nivel formal, existe a Opción Gallego, na prática o castellano é lingua exclusiva do organismo estatal en claro incumprimento da lexislación existente.

A veciña que denunciou esta situación asegura que, a pesar de que solicitou ser atendida en Galego, “atendéronme integramente e en todo momento en castellano”. Segundo a MNL, este tipo de práticas “non é exclusivo desta administración”, senón que se trata de “unha constante en diferentes institucións e organismos públicos de diferentes titularidades competenciais”, incluindo concellos, deputacións e organismos autonómicos.

Conde Roa defende “más castellano”
dentro da administración municipal

É significativa, na nosa opinión, a falta de sensibilidade do actual goberno local cara este tipo de situacións e que, en cambio, o propio Sr. Conde Roa recibise no seu despacho a pasada cuarta-feira 23 á famosa Gloria Lago, presidenta da asociación antigalega Galicia Bilingüe, con vínculos coa extrema dereita, coa que sí se comprometeu a reforzar a presenza do castellano na institución municipal efectuando pasos atrás nas posicións que a lingua da maioría da veciñanza conquistou nestes anos .

Por parte da Mesa pola Normalización Lingüística afírmase que “de nós depende, individual e colectivamente, que a nosa lingua exista, como organismo vivo e útil, en todos os ámbitos da vida diaria. Non deixemos que metan o galego debaixo da alfombra e actuemos”. Nós tamén o temos claro: cos herdeiros políticos e ideolóxicos de Nebrija, Franco e José Manuel Otero Novas pilotando o Concello, a defesa do Galego corréspondenos agora 100% á veciñanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s