Castrosua ameaza cun ERE de extinción de contratos para os seus 350 traballadores

Carrocera Castrosua, S. A., con sede en Boisaca, é a empresa lider no mercado estatal de fabricación de carrocerías para autocarros urbanos. A compañía conta cun dos cadros de persoal numericamente máis amplos da cidade: 350 traballadores e traballadoras. A semana pasada os sindicatos españois UGT e CCOO denunciaban que Castrosua “pretende agasallar este nadal aos seus traballadores cun ERE de extinción de contratos” e ameaza con incumprir o ERE suspensivo de 180 días por operario acordado do 2 de maio de 2011 ao 30 de abril do próximo ano.

A aplicación dun ERE de extinción de contratos produciríase se os traballadores “non aceptan prexubilar” a un grupo de 30 persoas que levan máis de 30 anos na empresa “cunhas condicións indignas”. As dúas centrais definiron como “impresentábel, chula e provocativa” a atitude da empresa e “unha chantaxe inaceptábel” o non respecto do ERE suspensivo pactado hai meses.

Cousas do Apóstolo?

Á marxe de como se desenvolva nas próximas semanas un conflito laboral que podería engordar as listas locais de desemprego, non nos deixa de chamar a atención que o actual goberno municipal, preocupado en cuestións tan extravagantes como receber Galicia Bilingüe no escritorio de Conde Roa, reivindicar teleféricos ao Gaiás, ameazar coa clausura de centros sociais, construir pistas de xelo na Quintana ou pontificar sobre o consumo de alcool na mocidade, non fixese un só movmento para defender os centos de postos de traballo en perigo.

Polo que ollamos de cando en vez nas ofrendas na Catedral, este tipo de cuestións tan mundanas, ou son responsabilidade do Santo Apóstolo, ou dependen da man inocente dos mercados. E é que parece que o “reino” de Gerardo Conde Roa non é deste mundo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s