Gentalha do Pichel asume a sinalización dos castros e petróglifos do concello ante a desidia municipal

Facelo directamente, en vez de aguardar polas institucións municipais, máis aínda cando se coñece o absoluto desinterés destas en todo o que fai referencia á nosa identidade como povo, pode ser unha alternativa. Así o consideraron no centro social A Gentalha do Pichel que, a través da Comissom de Memória Histórica, tomaron nas súas mans a tarefa de dignificar un dos patrimonios arqueolóxicos máis antigos da nosa cidade. Cinco petróglifos dos catalogados xa foron sinalizados. Restan 2, e logo, a comezar cos castros do termo municipal.

A Gentalha do Pichel asegura que está a “fazer o trabalho que tinham que fazer as administraçons” porque “nom vamos aguardar mais por eles, porque já nos cansamos de requerir, de pedir, de rogar”. Unha vez realizadas as tarefas a asociación anuncia que editará un polidíptico “para promover a visita, o desfrute e o respeito polo nosso património, pola nossa história e por todo o que nos fijo ser quem hoje somos”. Conclúen que “mudou o paradigma” e asseguran que “já nos apercebemos (…) de que o património nom lhes vai importar até que o podam vender”. E é ben certo.

One thought on “Gentalha do Pichel asume a sinalización dos castros e petróglifos do concello ante a desidia municipal

  1. Non serei eu quen defenda ao PP, pero calar tantos anos mentres gobernaba o PSOE e BNG… tamén intuíu algo de desidia pola vosa parte.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s