Conde Roa inaugura as VI Xornadas de Negocio Internacional cun canto á bondade da Banca

Defender nestes tempos a bondade ou a necesidade dos bancos require padecer de algo máis preocupante que de inocencia ou ignorancia. Sen embargo, o rexedor local non ten reparo en cantar en público aos responsábeis da crise. O Palacio de Congresos acolle nestes días as VI Jornadas de Negocio Internacional do Banco Sabadell e Conde Roa, anfitrión, despois de asumir que non ía disertar sobre algo “tan difícil e tan complexo” como a economía, se arrincaba con “dúas reflexións moi breves” ante as decenas de tubaróns dun dos bancos do Ibex 35.

O alcalde obsequiou aos presentes cunha metáfora forzada entre a incertidume que en séculos pasados sentían os peregrinos que se dirixían a Compostela e as institucións de abeiro surxidas no Camiño, e a dos empresarios, que contarían cos bancos, “institucións ás que todos temos que acudir”, como institucións de apoio aos seus negocios. Peregrinos e patróns partillarían así “a vontade férrea de chegar a un destino”.

Da fe na bondade do capital financeiro e na “teoría do túnel” con saída que profesa o primeiro edil deu constancia a súa premonición de que, a pesar de que “estamos a atravesar unha crise profunda”, “sairemos todos con moita máis experiencia e moita máis aprendizaxe”. Que ben. Reconforta ouvilo apesar de que saibamos que na realidade as cousas non discorren desa maneira e se prepara a ofensiva máis brutal contra os dereitos sociolaborais e os servizos públicos das últimas décadas. Con todo, cando se acredita cegamente en Merkel, Rajoy ou Trichet, como fai Conde Roa, o inimaxinábel pode parecer real.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s