Esiximos a reapertura normalizada do centro social Arredista e o cese da campaña de criminalización

Esta mañá tivemos noticia de que efectivos policiais custodiaban a entrada do centro social Arredista, que ven de reabrir na rúa das Rodas, impedindo o aceso aos socios e socias do local. O motivo, segundo parece, é a existencia dun “operativo antiterrorista” (?). Como moitos veciños e veciñas de Compostela, temos a certeza de que O Arredista, ao contrario do que afirma o alcalde de extrema dereita Conde Roa sobre os centros sociais, non é máis que iso: un centro social onde a veciñanza se reúne e procura novas vías de participación e compromiso social.

Coerentemente co que di o rexedor municipal, o xornal tamén de dereita radical El Mundo –ese que ten establecido “conexións” do independentismo galego co goberno de Venezuela, ou afirmado que nas galescolas se “adoutrina” os meninos- concede hoxe unha páxina para a criminalización d’O Arredista ante a veciñanza: o centro social compostelano aparece protexido por unha furgoneta policial e varios antidisturbios. A finalidade, como sempre, mentir, intoxicar, satanizar, marcar a lume unha iniciativa social que non é do gosto das autoridades…

A Candidatura do Povo, igual que distintos colectivos políticos e sociais desta cidade, ten utilizado e utiliza habitualmente as instalacións do centro social Arredista. Dicímolo porque é certo e porque, ante a ofensiva dos que intoxican por profisión, consideramos que non debemos calar nen avergoñarnos. Esiximos a reapertura normalizada d’O Arredista e que cese esta estratexia de sinalamento e criminalización contra o tecido asociativo local en completa sintonía cos designios antidemocráticos de Conde Roa para esta lexislatura.

One thought on “Esiximos a reapertura normalizada do centro social Arredista e o cese da campaña de criminalización

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s