Concello gastará 60.000 euros na iluminación comercial das rúas no nadal

Os profetas do recorte do gasto municipal e a austeridade contra a maioría social obséquiannos nesta semana cun novo “exemplo” da súa política. A Xunta de Goberno Local (XGL) adxudicou 60.000€ para a iluminación de 36 rúas e prazas no nadal. O investimento, de dubidosa utilidade social, alén de supor o compromiso da institución cunha festa relixiosa, servirá tamén para promover o consumo compulsivo nestas datas.

A noticia aparece días despois de que Cáritas Diocesana de Compostela informase de que na cidade por volta de 200 veciños e veciñas durmen a diario en caixeiros, estacións de autocarro e vivendas en ruínas e 20.000 encontránse en risco imediato de exclusión social, é dicir, 22% do censo. Ata onde alcanzan as nosas informacións nengún dos tres grupos políticos con presenza no concello denunciou o que, a todas luces, é un despropósito canto ás prioridades de investimento.

Participación do Concello
en festividades relixiosas

Alén de equivocar as prioridades de gasto nun momento duro para importantes sectores da veciñanza, o goberno local, que está dirixido por un ex numerario da secta fundamentalista Opus Dei e ten entre os seus membros importantes conexións e simpatías coa Igrexa Católica, acordou destinar 35.931€ ao programa Nadalxogo e 19.116€ a distintas iniciativas para a dinamización comercial das rúas.

Ao que parece, xa non se trata só de que o sr. Conde teña alterada a percepción do que é socialmente necesario, senón que compromete unha institución presuntamente laica, como debería ser o concello, cun credo relixioso. Así, alén de todo o anterior, a concelleira Reyes Leis, titular de Economía, Comercio, Turismo e Mercados e actual nº 3 do alcalde, anunciou tamén que a institución local organizará “un concurso de beléns”.

Nota irónica

A mesma Xunta de Goberno Local que aprobou a queima de 60.000€, cando tantas parroquias teñen aínda unha iluminación deficiente, anuncia que solicitará ao Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía unha axuda para substituir as ópticas dos semáforos e tecnoloxía LED “co fin de obter un aforro enerxético”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s