O Concello fixa un duro rexime sancionatorio da mocidade coa excusa da “perseguir o botellón”

A iniciativa fíxose pública a semana pasada e anuncia o tratamento punitivo que as actuais autoridades locais reservan para a mocidade. Previa redución desta á condición de consumidora compulsiva de alcool e problema de orde pública, a edil Paula Prado presentou o material da campaña que, baixo referencias permanentes á “convivencia saudábel”, estipula unha batería de graves sancións económicas que afectarán ás mozas e mozos de Compostela e as súas familias.

Así, por exemplo, o Concello poderá multar con ata 750€ a menores detectados pola Policía Local consumindo alcool fora dos establecementos autorizados. As familias tamén son aludidas nesta normativa que fai parte do Plan Local de Acción na Prevención de Drogodependencias: asumirán sancións que alcanzan os 3000€ en caso de algun/ha d@s fill@s menores ser identificada bebendo alcool fora dos establecementos citados.

Tratamento punitivo para
a mocidade de Compostela

É significativo que unha das primeiras medidas que Raxoi adopta en relación á mocidade sexa a súa criminalización en vez de definir estratexias e proxectos de integración laboral para miles de xovens sen traballo en Compostela, políticas de vivenda, lecer, ensino, etc. A que xa se autoproclama como Lei de Convivencia, na liña de outras similares inspiradas por gobernos locais de dereita ou extrema dereita no Estado e na UE, pon as bases da demonización e o constante control policial sobre a xuventude.

Unha vez máis, a “persecución do consumo de drogas”, na que os membros da actual equipa de goberno municipal parecen tan pouco exemplarizantes a ollos da veciñanza, máis que un fin en si mesmo é o medio para perseguir outras finalidades bastante menos confesábeis. Se o tempo non nos rebate, todo indica que Raxoi non ten alternativas reais para a mocidade de Compostela, pero sí sancións, presión policial, persecución dos centros sociais, estigmatización, etc. Irémolo confirmando cada día que pase.

One thought on “O Concello fixa un duro rexime sancionatorio da mocidade coa excusa da “perseguir o botellón”

  1. isto pasa por ser unha aldeia asobalhada pola igrexa e ate fai 20 anos polos militares.temos que cambiala nun pobo cosmopolita que ten de ser a traves dos olhos dos turistas que chegan a Galiza por compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s