Goberno local asiste a misa en homenaxe a un “santo” católico

Historicamente, o goberno local nunca se comportou como goberno aconfesional. A presenza sistemática de alcaldes e edís en actos de culto nos que se demandaba, e demanda, que imaxes relixiosas desen “solucións” a problemas sociais, económicos ou políticos está ai para evidencialo. A actual equipa municipal xa non só renuncia a ese esixíbel carácter laico, senón que potencia a tradición franquista que identifica o Concello cunha institución relixiosa oscurantista e sexista que ten detrás unha negra historia, como é a da Igrexa Católica, cada vez máis cuestionada pola veciñanza.

Despois do investimento de 60.000€ para a iluminación de rúas e prazas comerciais no nadal, ou a convocatoria dun “concurso de beléns” polo Concello, inteirámonos de que onte o rexedor local e varios concelleiros da súa equipa asistían en San Paio de Ante-Altares a unha misa en honra de San Nicolás de Bari en representación d@s compostelan@s. Ademáis, ofrendaban un donativo ás monxas beneditinas do convento. Descoñecemos se esta colaboración procede do erario municipal, pero, en calquer caso, vulnera o carácter laico das institucións públicas locais e evidencia os estreitos lazos que Raxoi quere potenciar coa Igrexa Católica.

Deixar un comentario