Conde Roa levántalle un busto a Karol Wojtila na praza da Inmaculada

A cruzada de Conde Roa continúa. Hoxe, acompañado do arcebispo Julián Barrio, o rexedor local inauguraba na Pza. da Inmaculada un busto en homenaxe ao lider relixioso Xoán Paulo II. Autoridades eclesiásticas e cargos locais e autonómicos, como a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, fundíronse no reseso acto político-relixioso no que o alcalde louvou a figura do polaco. Descoñecemos se os miles de veciñ@s que non profesamos a fe católica financiamos unha vez máis cos nosos impostos a instalación de imaxinería relixiosa nun espazo público.

A inauguración foi restrinxida aos correlixionarios, igual que a recente inauguración da rúa Fraga Iribarne. Barrio agradeceu á corporación o seu fervor relixioso por “recoñecer a unha persoa amada na vida pola súa virtude” . No seu ton característico, o arcebispo afirmou que “hoxe máis que nunca se necesitan” estatuas relixiosas “en medio das rúas polas que cada día se transita”. A finalidade da presenza sería “dar unha trascendencia á realidade da vida en medio de agobios, angustias, alegrías e esperanzas”.

Alcalde confunde responsabilidade
institucional co seu credo relixioso

O alcalde descolgouse tamén cun discurso laudatorio da figura de Xoán Paulo II lido integramente en castellano no que confundiu a súa condición de autoridade municipal co credo relixioso que aparentemente profesa. Así, Conde louvou a Wojtila como o invididuo que “levou a súa mensaxe aonde faltaba a liberdade” e “aonde floreceron revolucións mesiánicas”. A persecución estatal de gais e lesbianas na libre Polonia actual, da que Wojtila é destacado construtor, desapareceu como incómodo contrapunto do discurso de Conde Roa.

A colocación do busto é a terceira ocasión en que o Concello homenaxea dirixentes relixiosos con nomes de rúas e prazas da cidade. Así, á nova estatua do escultor Cándido Pazos, que xa é un habitual neste tipo de imaxinería, súmase o monumento a Benedicto XVI en San Lázaro e a concesión dunha rúa a Xoán Paulo II por parte do bipartito PSOE-BNG. A laicidade da institución municipal, en pleno século XXI, é aínda un obxectivo por alcanzar.

One thought on “Conde Roa levántalle un busto a Karol Wojtila na praza da Inmaculada

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s