Policías acurralan e golpean na estación de autocarros a unha persoa que participou nos protestos da Sala Yago

E. P. L., veciño da Coruña, achegouse a Compostela hai quince días con outros compañeir@s para participar nas mobilizacións contra o desaloxo da Sala Yago. De volta á súa cidade, cando se encontraba na estación de autocarros de Compostela, unha patrulla da Policía ‘Nacional’ acurralouno sendo obxecto dunha violenta agresión. A Candidatura do Povo querse sumar ás páxinas web e publicacións que están a sacar á luz, e denunciar, este novo episodio de violencia policial na nosa cidade.

O parte médico, así como a foto que ilustra esta información, son elocuentes e falan da brutalidade con que E. P. L. foi tratado polos axentes. Reproducimos literalmente, en galego, o parte sanitario: “nota dor na témpora esquerda, brecha liña de 2 cm. no coiro cabeludo, contusión na zona laterodistal do antebrazo esquerdo, hematoma na nádega dereita (zona superoexterna), eritema con algunha erosión puntiforme na zona posterior proximal do ombro e brazo esquerdo, hematoma con erosións na zona lateral media da anca dereita, dor no xoello dereito”.

Con esta información, sumamos a nosa voz á das persoas, colectivos e medios populares que estes días están a sacar á luz esta actuación policial frente ao absoluto silencio cúmplice que pratican medios como El Correo Gallego, Onda Cero, La Voz de Galicia, etc. Expresamos a nosa solidariedade con todos os represaliados e represaliadas pola loita veciñal para que a Sala Yago pase da propriedade privada en abandono á propriedade veciñal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s